Skip to Content

4 anos

PRIMEIRO ANIVERSARIO DO CURSO EN CATRO ANOS

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Aniversario de setembro (4 anos)

En tempos de pandemia tampouco deixamos de celebrar. Iso, si, tomamos as medidas se seguridade sanitarias necesarias:

  • non sopramos a candea no pastel senón no anaco que vai comer a homenaxeada,
  • limpamos ben as mans; sentamos na asemblea organizada en pequenos grupos estables (si, si, os mesmos que despois van xuntos tamén ao recanto do día),
  • comemos no noso sitio sen movernos...

Aplicadas estas precaucións, cantamos (coa máscara posta) o Parabéns para ti e comemos un anaquiño de delicioso biscoito.

HORARIO DE RUTINAS DE 5º A

ANIVERSARIOS NO VERÁN

 Ola, amiguiños!

Para todos os que celebrades o voso aniversario neste mes de xuño e no verán, adicámosvos este vídeo de felicitación no nome de todos os compañeiros e compañeiras de 5º de Infantil.

Moitos parabéns a todos e que disfrutedes do voso día!!

 

TRABALLOS CASEIROS CONFINADOS (5º EI)

Mira o moito que está a currar André. Moi ben! Fíxate en como ve el o coronavirus.

 

Natalia e Matías tampouco paran de traballar. Que debuxos máis marabillosos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut