Skip to Content

4 anos

ANIVERSARIOS DE XUÑO: ÁLEX, DANI E LAUREN

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Cumpres Dani, Lauren, Álex

Que mellor forma de despedirse deste curso que cunha gran festa!

Nós neste mes de xuño xa levamos tres, xa que festexamos no cole o aniversario de Álex, Dani e Lauren. 

Parabéns rapaces polos vosos 5 aniños

HOT DOGS IN NEW YORK

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> New York

Familias, estamos na final da viaxe...

Estamos en New York!

E non queremos marchar desta cidade sen degustar a súa "gastronomía".

Fixemos hot dogs na clase e probamos o ketchup e a mostaza!

Moitas grazas á familia de Adrián pola idea e por aportar todo o material necesario!

Graciñas

XINETES E AMAZONAS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Excursión Ventoso 5 EI

Aquí tendes un breve resumo da excursión á granxa O Ventoso.

Foi unha gran visita na que fixemos pan, montamos en pony, observamos moitos animais curiosos, démoslle de xantar a outros, etc.

Un día moi completo e divertido!

Por certo familias, tendes uns grans xinetes e amazonas.

BENVIDOS A CHINA!

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> China

Ni Hao!

Como ben sabedes, estas dúas semanas estivemos en China aprendendo moitas cousas. Foi unha experiencia moi divertida que rematou nunha xornada gastronómica. Neste día cociñamos e comemos arroz 3 delicias, roliños de primavera, pan de gambas e noodles. E por suposto empregando os pauíños chineses.

Vaia maña que teñen estes rapaces, deixáronme moi sorprendida!

Distribuir contido


by Dr. Radut