Skip to Content

4 anos

PROXECTO A VOLTA AO MUNDO

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Proxecto A volta ao mundo

Familias, marchamos de viaxe!

Comezamos unha aventura moi interesante polo mundo no que coñeceremos moitos países, as súas xentes, costumes, comidas favoritas, etc.

Pero non vos preocupedes que todos os días as dúas estaremos de volta para contarvos as novidades. Esta semana voamos ata Francia para coñecer os seus produtos típicos, perfecionar o noso francés e coñecer a Torre Eiffel.

A próxima parada será Londres, pero Adrián, o noso compañeiro xa se adiantou e nos quixo traer un recordo desta marabillosa cidade. Moitas grazas.

Ademáis, como somos moi aplicados levamos "os deberes" na maleta que facemos a diario. Ollade como traballamos!

Saúdos a todos, xa vos iremos informando da viaxe.

PLANTAMOS AMORODOS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Prantamos amorodos

Boas familia!

Como sabedes no Raquel Camacho apostamos sempre pola alimentación saudable e a natureza, por iso este ano comezamos a introducir pequenas bancadas nas que plantamos amorodos!!

Agardamos que medren cedo porque estamos desexando probalos Canso.

Fixemos un burato na terra, colocamos ben as raíces e lle botamos un pouquiño de auga de vez en cando, iso é todo, agora só falta degustalas.

DÍA DA PAZ EN 4 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Día Escolar da Paz en 5º

O 30 de Xaneiro festexamos o día da PAZ. E o fixemos de xeito moi divertido, cunha gran cadea humana e cantando e bailando unha canción que fala da esperanza.

Moitas grazas a todos por participar!

PARABÉNS, AINHOA!

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Cumpre Ainhoa 5º

Outro aniversario máis na clase. En xaneiro cumpren moitos dos nosos nenos e nenas e nesta ocasión tocoulle a Ainhoa. Para festexalo como se merece, preparou un biscoito riquísimo de limón ca axuda da súa irmá Yaiza.

Moitísimas grazas, rapazas. Estaba moi bo. De feito, non quedou nin un anaco.

PARABÉNS Ainhoa polos teus 5 aniños.

Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut