Skip to Content

4 anos

ANIVERSARIOS: CARMEN, ADRIÁN E DÁNICA

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Cumpres de Carmen, Adrián e Dánica

Neste mes de maio tivemos moitos aniversarios na nosa aula. Os nosos nenos medran e xa cumpren 5 anos.

Parabéns rapaces!

Un bico moi grande para Carmen, Adrián e Dánica

Beso

COÑECENDO A ANTÓN FRAGUAS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Letras Galegas 5ºEI

Co motivo do festexo das letras galegas, este ano aprendemos un montón de cousas sobre Antón Fraguas e o amor que tiña por Galicia: O entroido, as festas, oficios, tradicións, lendas galegas...

Foi super interesante!

Ademais tivemos a sorte de que os gañadores do concurso de relatos sobre as súas obras, viñeron a nosa aula para contarnos as súas historias.

Deberes para o fin de semana: Visitar o museo do pobo galego Risa

ANIVERSARIOS DE TAHIEL E MAIA

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Cumpre Tahiel e Maia

Remata o mes de abril, un mes que se nos pasou voando entre vacacións e celebracións...Entre elas, os aniversarios de Tahiel e Maia.

Os nosos larpeiros degustaron pratos de mazán con crema de avelás e unha doce torta de chocolate.

Parabéns rapaces polos vosos 5 aniños Sorriso

VISITAMOS O ÁGORA

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Ágora

Como todos os anos, visitamos a biblioteca do Ágora, unha excursión que nunca defrauda. Pasámolo xenial, tivemos conta contos de libros chulísimos, entre eles O Grúfalo, e despois exploramos libremente a biblioteca.

Ah! E levamos para clase unha maleta de contos en préstamo. Foi xenial!!

Distribuir contido


by Dr. Radut