Skip to Content

LLGG 2019

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS 2019

 

Dous grupos das clases de 6º de EP acudiron na véspera do gran día ás aulas dos máis pequenos/as para contarlles as historias gañadoras do concurso das Letras Galegas. Botádelle un ollo aos vídeos na nosa canle de Youtube.

COÑECENDO A ANTÓN FRAGUAS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Letras Galegas 5ºEI

Co motivo do festexo das letras galegas, este ano aprendemos un montón de cousas sobre Antón Fraguas e o amor que tiña por Galicia: O entroido, as festas, oficios, tradicións, lendas galegas...

Foi super interesante!

Ademais tivemos a sorte de que os gañadores do concurso de relatos sobre as súas obras, viñeron a nosa aula para contarnos as súas historias.

Deberes para o fin de semana: Visitar o museo do pobo galego Risa

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS

O premio foi entregado nas aulas respectivas o día 16 de maio de 2019.

Para que se poida apreciar o enorme traballo que Antonio Fraguas realizou para descubrir e transmitir a cultura galega, o pasado 24 de abril convocamos un concurso de relatos. Durante estes días, estivemos a recibir unha chea de contos nas dúas categorías. Por iso, queremos agradecer a todos e todas as participantes. Escribir non supón un traballo sinxelo e vós, rapaces e rapazas, fixéstelo. Só por iso: parabéns!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do colexio, lidos e revisados todos os relatos e tras unha difícil decisión, decidiu conceder os seguintes premios:

Categoría de 3º e 4º de E. Primaria

Alberto David Onuegbu de 3ºA co relato A Santa Compaña

Categoría de 5º e 6º de E. Primaria

Thaïs Soares Ulloa de 6ºB co relato Entroido das irmáns

O Equipo, ademais, desexa realizar unha mención especial sen premio aos e ás seguintes participantes da primeira categoría:

  • Nicolás Sanjurjo Santiago de 3ºA polo seu relato en estilo xornalístico A Santa Compaña.
  • Milkias Casas Noguerol de 4ºB polo seu conto Todos sodes Entroido con grandes influencias de Toy Story.
  • Lola Borja Cortiñas de 3ºA pola súa historia road trip titulada O Entroido.
  • Leila Noboa González de 4ºA polo seu conto A nosa festa dos Maios cun toque a O señor das moscas de William Golding.

E tamén da segunda categoría:

  • Daniel Osed de 6ºB pola historia sindical Cambio de traballo para a Santa Compaña, onde esta loita con firmeza polos seus dereitos laborais.
  • Julia Ledo Sánchez de 6ºA polo seu relato Santa Compaña onde a protagonista salva da morte ao alcalde.
  • Uxía Sánchez Payo de 6ºB polo delicioso conto Nubeiros? Que parvada! e as marabillosas ilustracións que o acompañan.

Todos os contos tratan algúns dos temas dos que Antonio Fraguas estudou e escribiu durante a súa vida. Imaxinastes historias sobre eles lendo os textos do propio autor e puidestes así achegarvos o gran traballo que el realizou para coa cultura galega.

CONTOS GAÑADORES ADAPTADOS

Sabedes que convocamos un concurso de contos sobre temas que estudou Antonio Fraguas, a que si? E tamén sabedes que houbo dous relatos gañadores? Pois aquí están adaptados para poderen ser contados para o alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Primaria. Premede nas imaxes para velos. Esperamos que vos gusten.

Distribuir contido


by Dr. Radut