Skip to Content

4 anos

DÍA DA INFANCIA

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Día da Infancia

Hoxe é o día da infancia. É o día dos nosos nenos, os cales están moi contentos de ser nenos/as porque:

- Ainhoa: Para facerlle caso a mami á primeira.

- Maia: A miña nai me quere.

- Omar: Me mercan xoguetes.

 Frai: Podes xogar.

Alejandra Inoa: Podes ver a tele

Alejandra Yaquimenko: Podes correr.

Juan: A miña nai me fai a comida para ir a inglés.

Por outro lado, non nos gusta nada de ser neno que: Nos metan na auga do mar, que nos obriguen a comer, e que sempre nos fagan o mesmo de xantar. Os nenos/as desta clase queren máis arroz con tomate. A que dixen

O SABOR DO MAGOSTO

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Magosto

Ola a todos/as, aquí tendes un pequeno resumo do noso Magosto. Fixemos moitas cousas como bombóns de castaña e chocolate, cantamos cancións, participamos nos xogos populares para este día, e por suposto comemos moreas de castañas asadas!

Ata recollemos un premio que nos deron pola participación nuns relatos de medo para o Samaín. Unha sorte porque tocounos un conto para a nosa biblioteca de aula chulísimo. 

Un Magosto intenso, pero que nos deixa con moi bo sabor de boca. Risa

 

VIVE O MAGOSTO NO RAQUEL CAMACHO

SAÍDA Ó CGAI: O BOSQUE DE HAQUIVAQUI

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Saída CGAI

Aquí tendes a nosa primeira saída deste curso. Unha gran experiencia e moi divertida.

Fomos a ver unha película a un cine moi particular, o CGAI, e encantounos. Só dicir que a película durou 70 minutos e os nenos estiveron atentos durante todo momento. Só nos faltaban os flocos de millo! Guiño

UN GRAN TRABALLO DE SAMAÍN

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Samaín 5ºEI

O Samaín deste ano foi moi produtivo na clase de 4 anos. Fixemos moitísimas actividades relacionadas co medo, as cabazas e os disfraces. Dende un biscoito riquísimo, pasando pola elaboración dun conto de medo que presentaremos no concurso do cole. Fixemos tamén imáns con forma de cabaza e ata traballamos a obra de arte: "O grito" de Munch.

Pero non foi só traballar...

Por suposto tamén gozamos moito o Samaín: con moita festa, pelis de medo, pinta caras, concurso de cabazas e ata túnel do terror!

En resumo, un Samaín de medo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut