Skip to Content

PROXECTO A VOLTA AO MUNDO

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Proxecto A volta ao mundo

Familias, marchamos de viaxe!

Comezamos unha aventura moi interesante polo mundo no que coñeceremos moitos países, as súas xentes, costumes, comidas favoritas, etc.

Pero non vos preocupedes que todos os días as dúas estaremos de volta para contarvos as novidades. Esta semana voamos ata Francia para coñecer os seus produtos típicos, perfecionar o noso francés e coñecer a Torre Eiffel.

A próxima parada será Londres, pero Adrián, o noso compañeiro xa se adiantou e nos quixo traer un recordo desta marabillosa cidade. Moitas grazas.

Ademáis, como somos moi aplicados levamos "os deberes" na maleta que facemos a diario. Ollade como traballamos!

Saúdos a todos, xa vos iremos informando da viaxe.



album | by Dr. Radut