Skip to Content

TRABALLOS CASEIROS CONFINADOS (5º EI)

A xentiña de 4 anos estanos a mandar os seus traballos ao correo das titoras:

Fíxate nas tarefas que lle están poñendo na casa a Eva e mira que ben as fai. Que grande!

Damaris tampouco para neste confinamento. A de cousas que está a facer. Bravo!

Ivo está traballando arreo. Que non o crees? Mira, mira.

Fabio quixo saber máis do coronavirus e da primavera que, aínda que pareza que non, xa chegou.

Sergio estivo traballando cos materiais de Carvalho Calero. Hai que ver o ben que usa a tesoira!

Daniela e Noelia estanse esforzando moito e, man a man, van creando marabillas.



page | by Dr. Radut