Skip to Content

Actividades.

CAMBIOS NA AGRICULTURA LOCAL

O alumnado de 3º nivel quixo profundizar sobre os cambios acontecidos na agricultura local nas últimas décadas , para iso entrevistaron aos seus pais e avós sobre: tipos de ferramentas, aparellos e usos, utilización dos animais, extensión dos terreos, fertilizantes, rego, tecnoloxía, vantaxes , respecto polo medio ambiente...

Arado de ferro e sementadora.

 

 

Leira  de millo para consumo dos animais, antes tamén se facía pan.

 

Agora estase  cultivando de máis extensamente a viña e as maceiras.

 

DINAMIZATV 2024

Un ano máis chega un novo programa de DINAMIZATV do Ceip Pérez Viondi!!

Iniciativa da lingua galega promovida polo Concello de A Estrada e os equipos de dinamización dos centros educativos.

 

FESTIVAL DO TEATRO

Celebramos o Festival do Teatro representando as obras para o centro e as familias que prepararon os cursos 4º B, 5ºB e 5ºC . Fixérono moi ben e gustáronnos moito.

MÁIS QUE TEATRO

O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando a través do teatro distintas habilidades sociais e emocionais: aprendendo a escoitar, a respectar as opinións dos demais e a traballar en equipo. Xogando coa expresión verbal e non verbal, aprendendo a usar a súa voz, o seu corpo e os seus xestos para poder comunicarse de maneira máis efectiva. Achegándose á nosa cultura literaria creando ou adaptando textos. Asemade traballando no deseño e elaboración de decorados.

Todo iso acompañado de moitas risas e bos momentos que culminaron no debut das pezas.

 

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

Materias: Lengua, Lingua, Plástica e audiovisual, Música e danza, Ciencias Sociais e da Naturaleza, Matemáticas.

 

TEATRO DE LUZ NEGRA

O alumnado de 6º B adaptou contos tradicionais : OS TRES PORQUIÑOS, A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA, O MONSTRO ROSA, A VACA QUE PUXO UN OVO, CHIBOS CHIBÓNS E A FELICIDADE, MANUAL DE USUARIO, para os nenos de infantil, e representáronos para eles usando lámpadas de luz negra.

Podcast Taller de Poesía

Podcast sobre o taller de poesía desenvolvido polo alumnado de 4ºB. Esperamos que o disfrutes tanto como nós ao facelo!!

 

TALLER DE POESÍA

Dentro do club da lingua , algúns grupos participaron en talleres de creación literaria e escribiron: poemas ,relatos,comics que leron nos grupos e logo expuxeron.

OS LIBROS SON UNHA VENTÁ AO MUNDO

O alumnado de 4ºB somerxéronse na lectura dos seus libros preferidos e despois debuxaron as súas portadas ou os seus personáxes.

PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA 2024

Participamos no Correlingua un ano máis. Saímos do cole coa nosa pancarta, xuntámonos na praza do Concello cos outros coles da zona e percorremos as rúas da vila co noso lema DENDE AQUÍ ATA ACOLÁ GALEGO XA! Regresamos a praza e bailamos ao ritmo de Gramola Gominola ata que fixemos a solta de globos, para que alá a onde cheguen leven o significado desta actividade.

RUTA POLOS LIBROS DE ROSALÍA MORLÁN

O alumnado de 3º fixo un precorrido polos poemas de Rosalía Morlán e despois fixeron deseños para os seus poemas preferidos.

Distribuir contido


by Dr. Radut