Skip to Content

2º ciclo Ed. Primaria

CAMPO A TRAVÉS

O 15 de Novembro tivo lugar o Campo a Través nas inmediacións da piscina municipal. O alumnado de terceiro de primaria participou na súa totalidade, nesta xornada de deporte e convivencia. Pinchade AQUÍ para ver as imaxes.

 

PRIMEIROS PASOS

 

Un dos ODS da Axenda 2030, o Nº11 "Cidades e comunidades sustentables" e a súa meta 11.3 "aumentar a urbanización inclusiva e sostible e a capacidade para a planificación e a xestión participativas, integradas e sostibles dos asentamentos humáns en todos os países", son tamén as nosas metas. Por iso, desde o centro queremos colaborar observando as necesidades e ofrecendo propostas de mellora por parte do alumnado de 4º de Educación Primaria e as súas familias.

ELABORANDO OS CARTEIS DOS ODS

 

 

 

SAMAÍN

En 3ºA celebramos o Samaín dun xeito especial. Ademais de vir disfrazados ao cole, escoitamos cancións vencelladas a esta festa e apostamos por traballar a lingua escrita e crear historias de medo: esqueletos, meigas, pantasmas, demos... foron os protagonistas do noso día.

 

PASÁMOLO DE MEDO!!

 

BONECO LECTOR (Día das Bibliotecas) 3º Ed. Primaria

O 24 de Outubro celebramos o "Día das Bibliotecas" e quixémolo facer construíndo un BONECO LECTOR, para demostrar que nós tamén lemos e que nos gusta facelo. Quedaron tan "chulis" que fixemos un mural con todos eles. Mirade que bonito. Pincha aquí

 

Distribuir contido


by Dr. Radut