Skip to Content

Polos Creativos

DINAMIZATV 2024

Un ano máis chega un novo programa de DINAMIZATV do Ceip Pérez Viondi!!

Iniciativa da lingua galega promovida polo Concello de A Estrada e os equipos de dinamización dos centros educativos.

 

PLASTIFICAMOS AS UNIDADES DE MEDIDA

As unidades de medida forman parte do noso día a día. Para entendelas e practicalas, o alumnado de 3ºC de Ed. Primaria plastificou as distintas táboas de unidades para traballar sobre elas e interiorizar estes conceptos tan importantes.

Podcast Taller de Poesía

Podcast sobre o taller de poesía desenvolvido polo alumnado de 4ºB. Esperamos que o disfrutes tanto como nós ao facelo!!

 

Traballamos as enerxías renovables e a mobilidade sostible

O alumnado de terceiro de primaria traballou con maquetas de enerxías renovables e de mobilidade sostible da man dos ENERGY CORPS.

FACEMOS FILLOAS

Os nenos e nenas de 5º de educación infantil dedicamos o mes de febreiro a traballar o Entroido. Dentro deste proxecto fixemos un taller de cociña elaborando unha receita tradicional galega, filloas.  Coñecemos os ingredientes necesarios, as súas medidas, os utensilios necesarios , para finalizar elaboramos a receita e por suposto a súa degustación. Durante este proceso descubrimos que existen filloas que se fan na pedra, isto levounos á invitar a unha avoa dun alumno, a cal trouxo ó centro unha pedra e explicounos a elaboración do amoado e poidemos probalas. Así coñecemos as diferenzas entre as filloas de pedra e as de sartén.

InShot_20240501_222540047.jpg

MAQUETA: AS CAPAS DA TERRA

Coñecer o planeta no que vivimos sempre resulta interesante para o alumnado. Este curso despois de estudar as capas da Terra, o alumnado de 5º de Ed. Primaria, fixo unha maqueta para afianzar os seus coñecementos. Aquí vos deixamos unha mostra do traballo feito. 

 

Materias: Lengua, lingua, Cienicas Sociais, Ed. Plástica.

Competencias: CPSAA, CCL, STEM, CD, CE

CHAPAS POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Cada ano conmemórase,o 8 de marzo,  o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Primaria estiveron investigando sobre esta efeméride. Fixeron uns traballos empregando medios audiovisuais e cartolinas nos que se recollen as súas pescudas. Para finalizar esta tarefa, aprenderon de forma autónoma a empregar a máquina de chapas deixando un manual de usuario na aula de Polos Creativos e crearon unhas chapas personalizadas con mensaxes do 8M.

Coas súas chapas queren dar visibilidade á loita continuada do feminismo a favor dos dereitos da muller.

 

 

A igualdade non é un agasallo, é un dereito. ABRAZA A IGUALDADE!

 

 

 

 

 

Competencias: CCL, STEM; CD, CPSAA, CE, CCEC, CC

Mateiras: Lingua castelá, linuga galega, matemáticas, ciencias sociais, Ed. Plástica e audiovisual.

 

 

KAMISHIBAI

O KAMISHIBAI  é unha maneira moi popular xaponesa de contar historias empregando ilustracións, textos e a voz dun narrador ou narradora.

O alumnado, de Proxecto Competencial, de 5º  de Ed. Primaria adicouse durante un tempo deste curso a  crear e recrear  historias para despois contalas neste formato. Botáronlle imaxinación para crear as historias e ilustralas. Logo plastificaron no formato axeitado, a continuación ensaiaron e finalmente actuaron para o público máis selecto:  Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. 

     

 Competencias: CCL, CPSAA, CE, CCEC, STEM

Materias: Lingua galega, matemáticas, ciencias sociais, ciencias naturais

8 de MARZO día da muller traballadora

Obradoiro, no espazo Polos Creativos, cos recursos ofertados polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra para conmemorar este día.

 

CREACIÓN DE DISFRACES

Obradoiro de disfraces "CHOCALLEIROS DE VILARDEVÓS", dentro da actividade "Entroido Tradicional Galego: VILARDEVÖS" en Lamas de Abade (Santiago), na que o noso centro participa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut