Skip to Content

Nutriescolas

DA FROITA, ATA A CAIXA

O alumnado de 5º de E.P. realizou unha actividade artística empregando as caixas de froita do programa “froita na escola”, facendo con cada caixa un cadro para lembrar que da froita aprovéitase todo, ata a caixa. Empregámolas despois para unha grande exposición.

 

FROITAS E LEITE NA ESCOLA

A totalidade do alumnado do noso centro participou nos programas “froita na escola” e "lácteos na escola". O colexio proporcionounos diferentes clases de froita para poder consumir na hora da merenda de media mañá e tamén bricks de leite para tod@s.

 

3º POSTO PARA "VIONDI FRUTTI"

Rematada xa a "Healthy champions league", o reconto final nos leva a acadar o 3º posto!!!!!

Con 307 participantes e cun consumo de 4.259 pezas de froita, o "Viondi frutti" remata como 3º no ranking, de entre 13 centros educativos.

Un merecido posto para o noso colexio, no que cada día no momento da merenda de media mañá, tiñamos que contabilizar a froita consumida en cada aula.

Unha forma mais de motivar ao alumnado para o consumo de froita, que tanto nos alimenta.

NORABOA!!!!

CONSTRUÍNDO PIRÁMIDES!!!

Os nenos-as de 6º de E.I. traballaron coa "Pirámide Dos Alimentos" de diferentes maneiras. 

Coa plastilina modelaron alimentos para logo colocalos nos diferentes lugares dunha gran pirámide feita con caixas de froitas, que previamente pintaron das corres correspondentes.

Aprenderon así os tipos de alimentos e a frecuencia con que os debemos consumir.

Un proxecto moi divertido e enriquecedor co que remataron elaborando cada un a súa propia pirámide para ter na casa e axudar ás familias a analizar os menús diarios.

Pincha aquí para ver imaxes

 

 

 

 

DE QUE NOS ALIMENTAMOS ?

O alumnado de 1º E.P. acercouse ao traballo da nutrición de distintas formas. Unha delas foi grazas aos materiais de sinazucar.org cos que puidemos sorprendernos con moitos alimentos que consumimos diariamente. Ademais, analizamos as nosas propias merendas que consumimos no colexio.

Healthy Food

O alumnado de 3º aprendeu o nome de moitos alimentos en inglés. Tamén a dicir cales lles gustaban e cales non, e a preguntarlle a outro por  se lle gustaban algunhas comidas. Despois clasificámolas en saudables e non saudables e fixemos debuxos relacionados. 

COIDA DA TÚA SAUDE!

O alumnado de 4ºB creamos unha presentación en impress sobre como coidar a nosa saúde. Xa somos maiores para saber e tomar decisións para crear hábitos saudables.

Pincha aquí para visionalo.

 

visita Clara Torres

Durante a semana da saúde, unha das actvidades foi a visita da nutricionista Clara Torres, a cal nos explicou en que consiste unha alimentación saudable e a súa importancia.

 

InShot_20240504_192909682.jpg

Plantamos fresas

Os nenos e nenas de 5º de educación infantil fomos a nosa horta a plantar fresas, gustounos moito e estamos desexando probalas.

InShot_20240504_192705880.jpg

Healthy Champions League

No mes de maio participamos na Healthy Champions League, na que uns dos seus obxectivos principais é o consumo de froita. Os centros cos que participaremos son: CEIP Coirón Dena, CEIP Plurilingüe Lope de Vega, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Plurilingüe do Conmeniño, CEIP Manuel Sieiro, CEIP Torre de Hércules, CEIP Plurilingüe de Toques, CEIP Plurinlingüe de Castroverde, CEIP A Lama, CEIP Corvillón e CEIP Ramón de la Sagra.

Distribuir contido


by Dr. Radut