Skip to Content

Promoción Benestar Emocional

"Son grande, son forte, son moi intelixente"

Boa tarde! Dentro do Contrato Programa Emocióna-t, unha das actividades que se levou a cabo co alumnado de Educación Infantil foi a aprendizaxe da canción que amosamos no vídeo do seguinte enlace:

 

https://drive.google.com/file/d/1e5NKbzIWkHFa0d_mA1QbpBEw0EtJRx4q/view?usp=sharing

We express our emotions in English.

Ao longo deste curso o alumnado de 5º e 6º de Infantil máis os de 1º e 2º de Primaria estiveron expresando as súas emocións na asamblea da clase de inglés. Aquí tendes unha pequena mostra do que aprenderon.

 

 Materia: Lingua Inglesa

Competencias: CCL, CP, CPSAA

EMO-ARTE: OBRADOIROS DE ARTE SOBRE AS EMOCIÓNS

O alumnado participante este curso 23/24 no programa Emocióna - T asistiu a uns obradoiros realizados no centro relacionados coas expresión das emocións a través da arte. A actividade correu a cargo de 4 Elefantes. Grazas Javi e Laura polo voso bo facer!!

 

 

 

EMOCIÓNA - T

O centro CEIP Pérez Viondi leva desde o ano 2018 participando na liña Emocióna - T dentro dos Contratos - Programa.

As actividades que se realizaron nas distintas aulas que participan foron: murais, fichas, exposicións orais, lecturas de contos relacionados coa temática, identificación das emocións, relaxación en aula, etc ... Ademais, cada ano, organizáronse obradoiros con distintas subtemáticas pero todos relacionados coas Emocións. Tivemos contacontos, sesións con especialistas en xestión emocional, sesións de Mindfullness e Ioga, etc.

Por razóns alleas á organización, as fotos desapareceron da páxina web do centro pero en breve subiremos un vídeo resumo do que se leva feito ata o momento. 

Distribuir contido


by Dr. Radut