Skip to Content

PVDA

3º POSTO PARA "VIONDI FRUTTI"

Rematada xa a "Healthy champions league", o reconto final nos leva a acadar o 3º posto!!!!!

Con 307 participantes e cun consumo de 4.259 pezas de froita, o "Viondi frutti" remata como 3º no ranking, de entre 13 centros educativos.

Un merecido posto para o noso colexio, no que cada día no momento da merenda de media mañá, tiñamos que contabilizar a froita consumida en cada aula.

Unha forma mais de motivar ao alumnado para o consumo de froita, que tanto nos alimenta.

NORABOA!!!!



DE QUE NOS ALIMENTAMOS ?

O alumnado de 1º E.P. acercouse ao traballo da nutrición de distintas formas. Unha delas foi grazas aos materiais de sinazucar.org cos que puidemos sorprendernos con moitos alimentos que consumimos diariamente. Ademais, analizamos as nosas propias merendas que consumimos no colexio.

 

Saída praia fluvial

O alumnado de 5º participou nunha xornada deportiva/de convivencia na contorna da praia fuvial, desfrutando da natureza no día Mundial do Medio Ambiente.

Galería pulsando no enlace ⬇️

https://drive.google.com/drive/folders/1Pxak9AGxIYGO6gET9DjibghRXGYJNdS9?usp=sharing

Retos no recreo

O pasado mes de abril, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, organizaronse no centro diferentes actividades promovidas polo equipo de saúde a prol de favorecermos un completo benestar no noso alumnado. Unha das iniciativas foi a que aquí compartimos: facer exercicio físico no tempo de recreo durante 1 minuto cada día. Cada vez que sonaba a música, rapaces e rapazas debían facer o exercicio indicado para ese día concreto e repetilo ata que a canción se detivera. Velaquí un pequeno resumo:

Liga de pickleball

Xa comezou a última liga deste curso escolar, que está centrada no deporte de raqueta Pickleball.

Healthy Champions League

No mes de maio participamos na Healthy Champions League, na que uns dos seus obxectivos principais é o consumo de froita. Os centros cos que participaremos son: CEIP Coirón Dena, CEIP Plurilingüe Lope de Vega, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Plurilingüe do Conmeniño, CEIP Manuel Sieiro, CEIP Torre de Hércules, CEIP Plurilingüe de Toques, CEIP Plurinlingüe de Castroverde, CEIP A Lama, CEIP Corvillón e CEIP Ramón de la Sagra.

ANDAINA INFANTIL

Dentro da semana da saúde os nenos e nenas de educación infantil realizamos unha camiñata de 1 km, logo paramos a repoñer forzas na alameda.

 

InShot_20240501_222020975.jpg

Día da Educación Física na rúa

Un pequeno vídeo da celebración do día da Educación Física na Rúa na alameda do noso pobo.

 

Andainas semana da saúde

Para cerrar a semana da saúde no noso centro realizamos diferentes andainas pola nosa contorna.

Zona Xogos do mundo (patios activos e inclusivos)

No presente curso estase levando a cabo unha transformación nos patios co obxectivo de promover a actividade física e a inclusión. Unha das zonas das que dispoñemos no noso recreo é a zona de "xogos do mundo". Aquí podemos encontrar numerosas posibilidadades: xogo dos catro cadrados, crossminton, cabuyería, dance revolution, esgrima, mariola africana, diábolos, xadrez...

Distribuir contido


by Dr. Radut