Skip to Content

Eduinnova

LÓVA

Ola! Somos OS QUINTIRRISAS COMPAÑÍA DE ÓPERA, aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que realizamos este curso co proxecto LÓVA. Foi unha experiencia inolvidable!

LG, LC,MT, EPV, MD,CS
CCL, CD, CPSAA, CE, CCEC, CP, STEM

QUE BEN O PASAMOS CONSTRUÍNDO RAMPAS!

Os nenos e nenas de 1ºA creamos as nosas propias rampas en grupos. Para iso, tivemos que deseñar a nosa rampa, elixir os materiais cos que queriamos elaboralas, construílas (tendo en conta que ás veces non funcionaban e tiñamos que cambiar certas partes do deseño), e por último, gozar do ser funcionamento!

 

MIRADE QUE BEN O PASAMOS (PINCHANDO NO VÍDEO)!

 

 

MATERIAS: LINGUA GALEGA, CIENCIAS NATURAIS E EDUCACIÓN PLÁSTICA.

COMPETENCIAS: CCL, STEM, CPSAA, CE.

Invasión Zombie

O alumnado do Proxecto Competencial realizando unha película sobre unha invasión zombie no colexio. 

Materia : Proxecto Competencial

Competencias : CCL, CD, CPSAA, Ce e CCEC

Proxecto Salvavidas

Creación dun anuncio para fomentar a doazón de sangue no marco do proxecto Salvavidas.

  

 

Materias : Lingua Galega e Ciencias Naturais

Competencias : CCL, CPSAA, CE e CCEC

BO VERÁN

 

Os alumnos/as de 1º,de primaria que estiveron intercambiando postais e cartas cos do mesmo curso do CEIP Barrié de la Maza, escribíronlles agora unha carta de despedida contándolles o que lles gustaría facer no verán e desexándolles felices vacacións.

 (CCL,CD,CPSAA, CCEC )

MÁIS QUE TEATRO

O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando a través do teatro distintas habilidades sociais e emocionais: aprendendo a escoitar, a respectar as opinións dos demais e a traballar en equipo. Xogando coa expresión verbal e non verbal, aprendendo a usar a súa voz, o seu corpo e os seus xestos para poder comunicarse de maneira máis efectiva. Achegándose á nosa cultura literaria creando ou adaptando textos. Asemade traballando no deseño e elaboración de decorados.

Todo iso acompañado de moitas risas e bos momentos que culminaron no debut das pezas.

 

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

Materias: Lengua, Lingua, Plástica e audiovisual, Música e danza, Ciencias Sociais e da Naturaleza, Matemáticas.

 

HORTO DE CORES E OLORES

HORTO DE CORES E OLORES

Sabemos da importancia do consumo de produtos ecolóxicos e como estes produtos non prexudican ao medio. O alumnado de 3º de Ed. Primaria acondicionou un espazo onde cultivar os produtos dun horto escolar e a época do ano na que se sementan e recollen, encargándose do seu mantemento e xerando un espazo de convivencia escolar.

Desde o horto escolar cultivamos a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible.

Materias: CN, LG, LC, Mat, PC

Competencias clave: CCL- CP-STEM-CD-CPSAA-CC-CE-CCEC

 

 

                

 

 

 

 

 

Móvense

Resultado do experimento do alumnado de 6º A  para comprobar que as plantas se moven.

Materias: LG, CN. PC

Competencias: CCL, CD, CMCT, CE,CPSAA

 

PROXECTO O MONSTRO DE CORES

Durante o 2º trimestre os nenos e nenas de 5º de infantil coñeceron e valoraron a importancia das emocións. Fíxemolo a través do conto o Mostro de Cores e a partir deste, potenciamos o desenvolvemento das competencias emocionais aportándolle ferramentas que lle axuden a identificar as súas emocións, as alleas e o mais complexo, a xestionalas.

Competencias : CCL, STEM, CPSAA, CCEC .

Áreas : comunicación e representación da realidade, crecemento en harmonía, descubrimento e exploración da contorna.

 

Seguimos programando!

Na última parte do curso seguiremos profundizando en aspectos de programación básicos, comezando a traballar con plataformas virtuais interactivas.

Materias: Lingua galega e Ciencias da Natureza.

Competencias: STEM, CCL, CD e CE.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut