Skip to Content

MÁIS QUE TEATRO

O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando a través do teatro distintas habilidades sociais e emocionais: aprendendo a escoitar, a respectar as opinións dos demais e a traballar en equipo. Xogando coa expresión verbal e non verbal, aprendendo a usar a súa voz, o seu corpo e os seus xestos para poder comunicarse de maneira máis efectiva. Achegándose á nosa cultura literaria creando ou adaptando textos. Asemade traballando no deseño e elaboración de decorados.

Todo iso acompañado de moitas risas e bos momentos que culminaron no debut das pezas.

 

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

Materias: Lengua, Lingua, Plástica e audiovisual, Música e danza, Ciencias Sociais e da Naturaleza, Matemáticas.

 



page | by Dr. Radut