Skip to Content

Eduinnova

Coidemos o noso planeta

O alumnado de 1ºB realizando carteis para coidar do planeta.

 

Materias : Lingua Galega e Ciencias

Competencias : CCL, STEM e CPSAA

Xogos de Matemáticas

O alumnado de primeiro deseñando taboleiros con preguntas de Matemáticas.

    

Materia : Matemáticas

Competencias : STEM, CPSAA, CE e CCEC

XORNALISTAS EN ACCIÓN

XORNALISTAS EN ACCIÓN constitúe unha aventura desenvolvida neste curso polo alumnado de 4º de Primaria.

Está integrada por dúas "experiencias xornalísticas" nas que aprenden a: facer busquedas seguras en internet, obter informacións, facer preguntas dunha entrevista, redactar escaletas, facer gravacións e montaxes, enquisas, obter conclusións obxectivas... é dicir, achegarnos a un código deontolóxico do xornalista e poder ser críticos ante as informacións que nos chegan.

 

COMPETENCIAS: CCL, CD, CPSAA, CC, CCEC

 

MATERIAS: Lingua, Sociais, Plástica e Audiovisuais.

COIDA A TÚA SAÚDE!

O alumnado de 4ºB creamos unha presentación en impress sobre como coidar a nosa saúde. Xa somos maiores para saber e tomar decisións para crear hábitos saudables.

Coida a túa saúde!

 

COMPETENCIAS: CCL, CD, CPSAA, STEM, CC, CCEC

MATERIAS: Lingua, Naturais, Matemáticas, Plástica e Audiovisuais.

Vídeo fútbol

Este vídeo explica a visión que ten do fútbol o director do mesmo que traslada aos seus compañeiros que o reflicten na grabación. Neste vídeo feito polos rapaces de 1º A dende a direción, desenrrolo e grabación o alumnado traballa as seguintes competencias:

Competencia en comunicación lingüística, a Competencia Dixital,  a Competencia persoal, social e de aprender a aprender, a competencia cidadá, e a competencia emprendedora. Proxecto competencial 1ºA, vídeo fútbol aquí

Vídeo Factor X

O alumnado de 1º A  logo de escoitar as tres diretoras realizan unha colaboración cantando e bailando diferentes temas seleccionados por eles mesmos. Este vídeo feito polos rapaces e rapazas  de 1º A dende a direción, desenrrolo e grabación o alumnado traballa as seguintes competencias:Competencia en comunicación lingüística, a Competencia Dixital,  a Competencia persoal, social e de aprender a aprender, a competencia cidadá, competencia plurilingüe e a competencia emprendedora. Proxecto competencial 1ºA, vídeo fútbol aquíProxecto competencial 1ºA, vídeo de Factor X aquí

Plantamos fresas

Para celebrar a chegada da primavera, os nenos e nenas de 5º de educación infantil, estreamos a nosa horta do cole plantando fresas. Estamos deseando poder probalas!!

Competencias : CCL, STEM, CPSAA, CCEC .

Áreas : comunicación e representación da realidade, crecemento en harmonía, descubrimento e exploración da contorna.

 

InShot_20240504_192705880.jpg

FILLOAS

Os nenos e nenas de 5º de educación infantil dedicamos o mes de febreiro a traballar o Entroido. Dentro deste proxecto fixemos un taller de cociña elaborando unha receita tradicional galega, filloas.  Coñecemos os ingredientes necesarios, as súas medidas, os utensilios necesarios , para finalizar elaboramos a receita e por suposto a súa degustación. Durante este proceso descubrimos que existen filloas que se fan na pedra, isto levounos á invitar a unha avoa dun alumno, a cal trouxo ó centro unha pedra e explicounos a elaboración do amoado e poidemos probalas. Así coñecemos as diferenzas entre as filloas de pedra e as de sartén.

Competencias : CCL, STEM, CPSAA, CC, CCEC

Áreas : Comunicación e reprentación da realidade, crecemento en harmonía, Descubrimento e exploración da contorna.InShot_20240501_222540047.jpg

ENTREVIS A ACTIRZ GALEGA PALOMA OTERO

 Este xoves 18 de abril tivemos a oportunidade de facerlle unha entrevista a actriz galega

Paloma Otero. Por un rato, transformamos o noso salón de actos nun estudo de gravación de tv real na compaña da actriz.

Este traballo inclúese na actividade DINAMIZA TV, organizado polo Concello, e no que participan os centros educativos da vila.

COMPETENCIAS: CCL, CD, CPSAA, CC, CCEC

MATERIAS: Lingua, Sociais, Plástica e Audiovisuais.

MAQUETA: As capas da Terra.

Coñecer o planeta no que vivimos sempre resulta interesante para o alumnado. Este curso despois de estudar as capas da Terra, o alumnado de 5º de Ed. Primaria, fixo unha maqueta para afianzar os seus coñecementos. Aquí vos deixamos unha mostra do traballo feito. 

 

Materias: Lengua, lingua, Cienicas Sociais, Ed. Plástica.

Competencias: CPSAA, CCL, STEM, CD, CE

Distribuir contido


by Dr. Radut