Skip to Content

EMOCIÓNA - T

O centro CEIP Pérez Viondi leva desde o ano 2018 participando na liña Emocióna - T dentro dos Contratos - Programa.

As actividades que se realizaron nas distintas aulas que participan foron: murais, fichas, exposicións orais, lecturas de contos relacionados coa temática, identificación das emocións, relaxación en aula, etc ... Ademais, cada ano, organizáronse obradoiros con distintas subtemáticas pero todos relacionados coas Emocións. Tivemos contacontos, sesións con especialistas en xestión emocional, sesións de Mindfullness e Ioga, etc.

Por razóns alleas á organización, as fotos desapareceron da páxina web do centro pero en breve subiremos un vídeo resumo do que se leva feito ata o momento. 



page | by Dr. Radut