Skip to Content

Actividades.

MOSTRA DO ENTROIDO

Un ano mais celebramos conxuntamente cos CEE ASPANAES, EI Raiola CEIP Lamas de Abade, IES Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago,CIFP Compostela un entroido  tradicional de Galicia, neste caso , Os CHOCALLEIROS  de Vilardevós, e invitamos ao CEIP Plurilingüe Rodolfo Rodríguez Núñez , que nos falaron deste Entroido. Despois desfilamos todos xuntos polos centros de Lamas  e degustamos produtos típicos destas datas.

DÍA DA PAZ

Celebramos o día da paz escribindo frases de personaxes célebres e máis os nosos desexos para acadar aPaz no mundo, despois fixemos debuxos e carteis cos que decoramos as nosas árbores da Paz.

DOCUMENTAL "ENTROIDO DE VILARDEVÓS"

O alumnado do  3º ciclo, de Ed. Primaria, estivo traballando sobre o Entroido tradicional galego centrándose no concello ourensán de Vilardevós co gallo da XI Mostra de Entroido de Lamas de Abade que este ano se centra na figura do chocalleiro.

Velaí vai o documental que recolle a esencia deste Entroido!

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CE, CCEC

Materias: Lingua galega, ciencias sociais.

Mostra de entroido

 

O ENTROIDO DE VILARDEVÓS

 

A escola é unha institución educativa e polo tanto todas as tarefas, actividades e festividades que aquí realizamos deben de ter un compoñente educativo.

 

O entroido como tal, e un ben cultural e nos serve como escusa para traballar a educación en valores, a música, a educación plástica e no noso caso a cultura galega, pensade que se estuda declarar o entroido galego como ben de interese cultural. O currículo ten moitas referencias que apoian este traballo, con indicacións continuas ao coñecemento da cultura galega.

 

O noso centro participa nun programa relacionado co entroido tradicional dos diferentes lugares de Galicia. Este curso o entroido escollido son os Chocalleiros de Vilardevós en Ourense.

 

O alumando de 6º curso disfrazarémonos de Chocalleiros e iremos o 2 de febreiro ata Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde se celebra a mostra de entroido tradicional.

 

Nas seguintes imaxes podedes ver como son os Chocalleiros.

 

  A parte máis complexa da vestimenta esta na capa de cintas de cores. Neste enlace podedes ver como elaboran unha desas capas.

 

 

PROPOSTA DE ELABORACIÓN:

 

  • Que o alumnado elabore no centro as capas e o gorro.

  • Para a elaboración do gorro o material o aporta na súa totalidade o centro .

  • Para as capas propoñemos que o alumnado traia da casa a tela (vale calquera cor).

 

          

1 m

 

 

 

  • As cintas as elaboraremos de bolsas de lixo de diferentes cores e as pegaremos no colexio

  • O resto da vestimenta é un pantalón e unha camisa branca, unha garabata de calquera cor e un pedazo de tela a modo de cinto.

 

Deste xeito pretendemos que o alumnado elabore o seu propio disfrace , que poidamos usar material de baixo custo abaratando o prezo da vestimenta e realizar unha actividade de xeito colaborativo.

 

 

COMPARTIMOS A MAXIA DO NADAL

Compartimos a maxia do Nadal cos CEIPS do noso concello e máis cos CEIPS Barrié de la Maza de Santa Comba e Pedrouzos de Brión, intercambiamonos postais  de felicitación para desexarnos felices festas e aninovo. 

FESTA DA POESÍA NA ESTRADA

Celebramos a Festa da Poesía no teatro Principal recitando poemas.Participou alumnado de todos os centros do concello, membros da corporación e representantes do gremio de escritores. Do noso centro participaron Ferdaws e Lucas ,que leron poemas de Antonio García Teijeiro.Tamén se fixo entrega do premio Avelina Valladares ao escritor Manuel López.

 

Isto vai de película!!!

Proxecto audiovisual integramente desenvolvido polo alumnado de 4º de Primaria e que consistiu en:

 1ª FASE de PREPRODUCIÓN:

Preparación da entrevista coa directora de cine Olga Osorio.

Visionado no cine da película "Salta".

Creación do guión e necesidades (casting, localizacións, escenografía) para o rodaxe do trailer da película.

 2ª FASE de RODAXE:

Orde de rodaxe.

Scrip.

Rodaxe da entrevista e da creación artística.

Ensaios e rodaxe do trailer.

3ªFASE de POSTPRODUCIÓN:

Montaxe e edición.

 

 

 COMPETECIAS:CCL, STEM, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

Materias: Matemáticas, Lengua, Lingua, E. Plástica e Visual, Música, Sociais e Naturais.

PULCINELLA E A MÁSCARA MÁXICA

O pasado 1 de decembro o alumnado de 4º de Primaria disfrutou dun concerto no auditorio de Galicia. Foi unha marabillosa conxunción de música, teatro e danza.

VI MOSTRA DE TEATRO OLIMPIO ARCA CALDAS

o luns 27 de novembro o alumnado de 4ºB participou na "VI mostra de teatro Olimpio Arca Caldas" coa adaptación do conto "Dez Vagalumes" de Xoan Babarro González.

 

 COMPETECIAS:CCL, STEM, CPSAA, CC, CCEC

Materias: Matemáticas, Lingua, E. Plástica e Visual, Música, Sociais e Naturais.

COÑECENDO MÁIS A GARCÍA BARROS

Continuamos coa tarefa iniciada o curso pasado de aprender sobre García  Barros, despois de ler nas aulas algún dos seus contiños, Violeta,Martín e Nicolas foron aos Recunchos da Lingua  a ler o conto " O RAPOSO E O GALO". 

Distribuir contido


by Dr. Radut