Skip to Content

Actividades.

EXPOSICIÓN: " As Cruces de Pedra na Bretaña"

Durante este mes tivemos  no centro a exposición sobre " As Cruces de Pedra na Bretaña" de Castelao. Cedida pola Asociación Cultural Vagalumes.

O alumnado puido percorrer  polos diversos carteis a viaxe realizada por Castelao e Virxinia dende A Estrada á Bretaña francesa.
 
  

"A MUÑEIRA VEN AO COLE"

Unha vez máis a Agrupación Folclórica Estradense "Tequexeteldere" colabora con nós e viñeron ao centro para iniciarnos nos bailes tradicionais.

  

CONCERTO DIDÁCTICO TÉQUEXETÉLDERE

Iniciamos o curso cun concerto didáctico de Xián Herrera & Suso Vaamonde para os cursos de 2º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Disfrutamos de pasodobre, foliada, e muñeiras.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut