PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA 2024
Participamos no Correlingua un ano máis. Saímos do cole coa nosa pancarta, xuntámonos na praza do Concello cos outros coles da zona e percorremos as rúas da vila co noso lema DENDE AQUÍ ATA ACOLÁ GALEGO XA! Regresamos a praza e bailamos ao ritmo de Gramola Gominola ata que fixemos a solta de globos, para que alá a onde cheguen leven o significado desta actividade.