Skip to Content

Blogues

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz mediante os seguintes actos :

Fixemos un festival onde os nosos presentadores nos ían dando o guión :

                           

Os nenos e nenas de 1º B recitáronnos un poema de Antonio García Teixeiro .Tres nenos/as 2º , e tres nenos de 3º curso léronnos unhas poesías moi fermosas sobre a Paz,algúns alumnos/as de 5º A leron  poesías feitas por eles mesmos.

                           

 O Club da Lingua representou a obra " Un virus informático "

                           

Proxectamos o Flashmob de Infantil ,1º,2º,3º de E.P. "Todos somos capitáns"

                           

                                                                     E tamén o Flashmob de 4º,5º,6º de E.P." un beso redondo "

                           

Ao rematar saímos todos o patio para realizar o baile solidario ,con todas as moedas que se recaudaron, farase unha doazón a Cruz Vermella.

                                                        

 

 

A visita de Papa Noel

O pasado 21 de decembro Papa Noel adiantouse no seu percorrido e fíxenos unha visita para falar cos nosos nenos e nenas ,de paso doulles uns caramelos.

                      

 

                      

                      

                                                                

BO NADAL E BOAS FESTAS 

FESTIVAL DE NADAL 2017

Rematou o 1º trimestre deste curso 2017/18 ,e achégase o nadal,para festexalo fixemos un festival.

Os nenos e nenas de 1º de E.P. cantáronnos a panxoliña :"Con un sombreiro de palla"

                  

                        

De seguido e dende o Club da Lingua invadironnos os piratas coa obra "O tesouro de Barbavermella"

                       

                       

Tamén nos bailaron unhas muñeiras na cuberta do barco 

                  

 A continuación os alumnos/as de 2º de E. P. deleitáronnos coa canción "Mi burrito sabanero "

                  

 O Club da lingua acércanos a un galiñeiro coa obra "O raposo e o galo Coidado"

                            

                        

E chegaron os alumnos/as de 6ºA  bailando "de Waterloo a yo contigo "

                 

                       

De novo o Club da lingua tráenos unha obra de teatro "Paparruchas" unha adaptación de Charles Dickens do seu libro "Un conto de nadal"

                  

                       

E para rematar bailamos o ritmo de Jingle Bells

                 

                  

 E sempre seguindo a pauta que nos marcaban os nosos presentadores 

                                     

 

Bo Nadal !!!

Campo a través

Estye mércores 22 de novembro celebrouse o campeonato Xogade-campo do deporte escolar.Todos os colexios e institutos do concello da Estrada e de Cuntis reunimonos na praia fluvial de Liñares para correr con deportividade e esforzo, xa que aquí o importante era participar,  o de menos era o resultado. 

                       

                       

                       

 

Samaín e magosto2017

                                                                    

Un ano máis celebramos esta actividade con moita ilusión. As familias participan tallando e decorando

as cabazas na casa, que posteriormente colocamos , formando parte de decorados preparados para

este día. A gran maioría expóñense no salón de actos onde facemos un percorrido polo túnel

do “terror”.

 

 

Tamén intercambiamos tarxetas de felicitación con outros coles e este ano vimos un vídeo elaborado

sobre a canción "Brinca vai no Samaín" de Paco Nogueiras que nos gustou moito (podese ver nesta

páxina en 5º curso).

 

                       

 

 

Os alumnos/as trouxeron uns días antes unha presa de castañas picadas. Un castañeiro veu ao centro

e puidemos ver como asaba as castañas.

    

O día do Magosto cada curso acompañado dos seus titores/as foron participando en diversos xogos

populares nun percorrido xa establecido. Ao rematar cómemos as castañas.

                     

                     

 

 

 

  

                                  

Pasámolo moi ben.

Día das bibliotecas 2017

Con motivo da celebración do día das bibliotecas escolares o pasado 24 de outubro ,no Ceip Pérez Viondi levaronse a cabo varias actividades para potenciar o uso da biblioteca, un lugar lúdico e de aprendizaxe.Entre elas un encontro cos antigos mestres Fina Pereiras e Victor Lomba, así coma coa exalumna Aranza Barreiro que tiveron a amabilidade de virnos a contar un conto ao alumnado de 4º e 5º de E.I. e os de 1º,2º e 3º de E.P.

 

 

 

Tamén se fixeron entrega dos premios aos gañadores do concurso de debuxo,redacción e poemas sobre o tema : Viondiño ven visitar a nosa biblioteca. 

Parabéns !!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2016/17

O pasado15 de xuño no teatro principal,da Estrada ,brillaron as estrelas .Este foi o noso festival:

Os alumnos/as de 5º de E.I. movéronse ao ritmo de "Matumbe"

 Pasamos agora cos alumnos de 6º de E.I. que nos van a facer "no baile"

 Seguimos con 6º A e B de E.I. que nos bailarán" banana phone"

 O alumnado de 2º B de E.P. van a representar a obra "xuicio no bosque ou soñar non costa nada "

E para rematar esta sesión os alumnos/as de 2º A van a facer o baile "la bicicleta"

 Rematou a 1º sesión e empezamos coa 2º

 

Para comezar con esta 2º sesión os alumnos/as de 3º A bailarán o Rap de Rosalía

A continuación o club da lingua representa a obra "os tres matasanos"

 

Seguimos con outro baile ,esta vez son os alumnos/as de 5º B e o seu "Ain`t your mama"

E seguimos bailando ,desta volta serán de novo os nenos/as de 3º A con "up town"

Para rematar facemolo con unha obra de teatro do club da lingua titulada "Que pasou coa música?

E como comprobamos que seguimos tendo música .Esperamos que vos gustase e ...ATA O CURSO QUE VEN !

IV Festa das Palabras

  O martes 6 de xuño no teatro principal entregaronse os premios  aos  rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Carlos Casares  debían incluír as palabras VENTO e VERÁN, respectivamente.

Os traballos ganadores recolleron un caravel e un libro, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe,ademais dos relatos gañadores, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.

 O padriño desta  edición, foi o escritor Antonio García Teijeiro.

A parte musical da festa correu a cargo do Coro "IES Antón Losada Diéguez"

 

Animo e a seguir escribindo !

correlingua

o 16/05/2017 disfrutamos do correlingua 

un pequeno video 

 

 

Letras Galegas 2017

UN ano mais celebramos o día das Letras Galegas,este ano dedicado a:

O alumnado de 1º de E.P. cantaron unha fermosa canción

A novidade deste ano foi a creación do Clube da Lingua ,que presentou as seguintes obras :

Mamá cabra e os seus cabuxiños

Cincenta era galega

Pilleite carapuchiña

 Ademais o alumnado de 3º E.P  fixonos unha representación dos Xenerais do Ulla

Os alumnos de 5º A deleitaronnos con un baile. 

 Alguns alumnos de 6º fixeron esta presentación sobre o autor homenaxeado

Esperamos vervos o ano que ven.

Distribuir contido


by Dr. Radut