Skip to Content

Blogues

FESTIVAL FIN DE CURSO 2019

O martes 18 de xuño o alumnado de infantil celebrou o fin de curso con un gran festival ateigado de música, baile, diversión e sobre todo moita emoción. As actuacións foron as seguintes:

4º A: baile " Eu son un artista"

4º B: baile  "La bamba"

5º A: baile " Dime que fixeches e onde estiveches"

5º B: interpretación do  poema " Mariñeiros"

6º A: representación do conto " A casa da mosca chosca"

6º B: baile " Isto bailase así"

6º C: baile" Baby shark"

 

 

     ENLACE VIDEO: 4º A        https://youtu.be/_0wPLXGn2Xs

   ENLACE VIDEO: 4º B     https://youtu.be/YSRPwtvqNsQ

   ENLACE VIDEO: 5º A   https://youtu.be/V_QbOAf3fN4

   ENLACE VIDEO: 5º B    https://youtu.be/13ELnbalAD8

   ENLACE VIDEO: 6º B    https://youtu.be/RYYMvgWI7c8

   ENLACE VIDEO: 6º C  https://youtu.be/rmaEg86PDm0

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

 No   festival das letras galegas este ano homenaxeamos a Antonio Fraguas, autor que tivo especial relación coa nosa vila, pois foi na Estrada onde comezou a súa labor docente.

Celebrámolo representando 3 obras de teatro, por parte do alumnado do Club da Lingua. 

Tamén participaron o alumnado de 1º de primaria poñendo o broche final  ao proxecto " coidamos o medio ambiente"  coa canción Á HORTA DE BALBINA .

 

 

LETRAS GALEGAS 2019

  O pasado 16 de maio celebramos o día das Letras Galegas adicado este ano, a Antonio Fraguas.

  Ademais de diversas actividades relacionadas con este autor, todo o centro participamos nun baile  levado a cabo dentro do proxecto deportivo de centro

" móvete + ".

  Outra actividade foi a representación  teatral da obra  a pulga e o piollo ( de Antonio Fraguas) por parte do alumnado de 1º B.

Ver video obra de teatro:

 

 

 

Por último, todo centro participamos nunha búsqueda do tesouro, organizada polos especialistas de educación física, no que tiñan que buscar pistas sobre vida e obra de autores galegos para coñecer de que autor se trataba.

 

 

CAMIÑANDO A SANTIAGO

Este ano estamos a facer no cole un proxecto sobre os camiños de Santiago. Entre eles, sobre o camiño da Xeira Romana e dos Arrieiros, que parte de Braga e despois de percorrer terras de Ourense e Pontevedra atravesa a nosa vila e entra na provincia da Coruña por Pontevea. Tamén ten outra variante que vai por Pardemarín, Ribeira e intérnase na provincia da Coruña por Sarandón.

Hoxe fomos peregrinos por un día e andamos parte dese camiño. O alumnado/a e mestres/as de 3º a 6º curso de Educación Primaria camiñamos dende Tabeirós á Estrada e os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria fixémolo dende as escolas de Guimarei.

Mentres camiñamos fixámonos en algunhas construcións que hai neste tramo do camiño e  teñen a Santiago coma protagonista: o peto de ánimas coa súa inscrición " Al Caminante" , a ermida da Consolación construida en 1680 porque se atopou alí unha imaxe da virxe e onde hai unha imaxe de Santiago Matamouros de peregrino, a igrexa de Tabeirós onde se atopa outra imaxe do apóstolo mirando cara Compostela, para indicarlle aos peregrinos por onde teñen que ir. Entramos en Guimarei pola Ponte de Xerliz e preto de alí hai un cruceiro coa figura do apóstolo e a igrexa parroquial dedicada a San Xiao. Pasamos ao lado da Torre de Guimarei e xa na vila chegamos de volta ao cole!

 

ENTROIDO 2019

 

Durante esta semana, os nenos e nenas seguimos os mandados de Viondiño. Comezando polo sombreiro, cada día fomos engadindo complementos ao noso traxe ata convertirnos en auténticos peregrinos! 

 

 

Chegou o gran día da festa do Entroido. Para celebralo viñemos tódolos nenos e nenas disfrazados do que mais nos gustaba, comemos produtos típicos desta data e bailamos sen parar.

Ademais fixemos un atranque como o xenerais do Ulla, neste enlace pódese ver que ben o fixemos.https://youtu.be/slOKOF-yW9w

QUE VIVA O ENTROIDO NO  PÉREZ VIONDI!

  

 

FESTIVAL NADAL

Rematamos o primeiro trimestre, celebrando o festival de Nadal coas seguintes actuacións:

- 4º INFANTIL A: BAILE " O TWIST DA NAVIDAD"

- 4º INFANTIL B: BAILE " MUÑECO DE NIEVE"

- 2º DE PRIMARIA: PANXOLIÑA "O APALPADOR"

- 4ºB DE PRIMARIA:  OBRA DE TEATRO "A RATIÑA FEROZ"

- 4º B DE PRIMARIA: OBRA DE TEATRO " O MERLO BLANCO"

- 6º DE PRIMARIA: OBRA DE TEATRO: " SON UNHA NOZ"

- 6º DE PRIMARIA: BAILE " WATCH ME"

 

 

 

MAGOSTO

O pasado venres celebramos o magosto. Aínda que a choiva non nos deixou facer actividades no exterior, si que poidemos comer castañas asadas.

Que boas estaban!

SAMAÍN!!!!

Celebramos o Samaín disfrazándonos de persoaxes de medo, asistimos a representación teatral "corre corre cabaciña" interpretada polas mestras de infantil e decoramos todo o colexio con cabazas teroríficas.

Agradecer ás familias a participación na elaboración das cabazas 

CARREIRA SOLIDARIA

O pasado venres batimos o récord en solidaridade xa que participamos na carreira solidaria para recaudar fondos contra a leucemia infantil, dentro da campaña Unoentreciemil.


A carreira realizouse nos patios exteriores do colexio e foron asequibles a todas as idades. 


Gracias a todos/as polas aportacións!!

 

Festival fin de curso

O pasado 19 de xuño celebramos o festival de fin de curso no teatro principal.

                                   

 

O noso programa era o seguinte:

 5º B de E.I. representaron a obra de teatro " A pulga e o piollo".

5º A de E.I. bailaron o "rock de la carcel".

1º B de E.P. representaron a obra de teatro "Paroladas ao teléfono".

4º A de E.P. representaron a obra de teatro " Os antollos de Margarida".

E rematamos coas pezas musicais "A Bela e a besta"e " Forrest Gump " que tocaron uns alumnos/as de 5º de E.P.

Ata o vindeiro curso!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut