Iniciamos o curso cun concerto didáctico de Xián Herrera & Suso Vaamonde para os cursos de 2º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Disfrutamos de pasodobre, foliada, e muñeiras.
Dentro do programa “Ti si que es un bo peixe” está incluída unha saída a unha zona costeira para coñecer como se recolle o marisco e cal é o proceso ata que chega ás nosas casas.
Este curso, desfrutaron desta saída o alumnado de 3º de Educación Primaria (o 31 de maio) e o de 5º de Educación Infantil (o 15 de xuño), que acudiron a Vilanova de Arousa onde realizaron as seguintes actividades:
Visita á zona de marisqueo, onde as mariscadoras lles falaron do seu traballo e lle mostraron os utensilios que empregran. Despois poideron buscar eles mesmos almexas e berberechos na area.
Visita ao porto, donde viron as diferentes zonas do mesmo e os barcos que alí había.
Visita á lonxa, alí os nenos e nenas puideron ver como se realiza o traballo de limpeza do marisco para logo realizar a poxa e vendelo.
Finalmente desfrutaron dunha merenda mariñeira, degustando, empanada de mexillóns croquetas chocos e iogur.
Así de ben o pasaron!
Podedes ver máis imaxes do alumnado de 5º de Educación Infantil pulsando AQUÍ e AQUÍ.
Este curso quedounos claro que os alimentos do mar son moi saudables, e unha proposta estupenda para incluir na nosa alimentación. O alumnado de 5º de Educación Infantil aproveitou para traballar, neste 3º trimestre, un proxecto sobre as mariscadoras, coñecendo máis a fondo todos os alimentos do mar, concretamente os mariscos.
A semana pasada o alumanado de Educación Infantil acudiu a un contacontos da man da Asociación de Celíacos de Galicia. O conto do que poidemos disfrutar chámase “Son Mariña. A historia dunha nena celíaca.” publicado por ACEGA en colaboración co GADIS, e conta como vive Mariña a súa alerxia ao glute.
Tamén debatimos sobre outro aspecto importante da alimentación como son as alerxias e intolerancias.
Agradecemos á Asociación ACEGA por acudir ao noso centro.
Deixáronnos estes materiais para aprender máis sobre a celiaquía.