Skip to Content

Blogues

A DANZA DA PAZ NO CONCELLO

Todo o alumnado do centro saímos do centro para compartir o noso baile da PAZ, na praza do Concello.

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

 

O ano pasado participamos no concurso escolar "Coidamos o Medio Ambiente".

E resultamos gañadores xunto con outros colexios.

Vídeo do concurso

 

 

Aquí tendes a páxina web onde podedes atopar toda a información

www.concursomedioambiente.com

 

DÍA DA PAZ

 

 

 

O 30 de xaneiro celébrase o Día da PAZ, e o CEIP Pérez Viondi sumouse á celebración bailando a DANZA DA PAZ.

 

 

 

 

PLAN DE IGUALDADE

Da man de Raquel Queizas coñecemos a historia de Alice Guy, a nai do cinema que foi silenciada pola historia. Un divertido espectáculo no que tivemos a oportunidade de coñecer a esta muller fascinante, así como de ver fragmentos das súas primeiras películas.

PLAN PROXECTA

Este ano participamos no PLAN PROXECTA: RECICLANDO CON VIONDIÑO.

Para levalo a cabo tivemos unha charla de Sogama, sobre a reciclaxe:

 

E xa empezamos reciclando con caixas e papeis para facer contenedores e separar materiais

VISITA DE PAPÁ NOEL

 

Este ano tivemos a visita de Papá Noel, que recorreu todo o colexio, para contarnos sobre as súas viaxes. Ademais trouxo caramelos para todos.

FESTIVAL DE NADAL 2019

Un ano máis celebramos o festival de Nadal e invitamos a nais, pais e familiares a disfrutar das nosas actuacións.

Comezamos co alumnado de 4º de Educación Infantil que nos deleitaron co seu baile "VAN TRES REIS EN BICICLETA"

O alumnado de 4º de educación Primaria representou unha obra de teatro titulada "TODO É UN CONTO"

O alumnado de 2º de Educación Primaria animáronnos con un baile: "VOLVER A CASA POR NADAL"

Despois actuaron os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, coa obra de teatro "AVOGADA E AS MULLERES"

 

E para rematar o alumnado de 5º de Educación Primaria interpretou a última actuación da noite: "A MAXIA DO CAMIÑO"

 

E agradecer aos nosos presentadores, que actuaron como verdadeiros profesionais.

 

NADAL SOLIDARIO

Mostrámonos solidarios levando un xersei con motivos navideños, para colaborar coa organización Save the children.

 

 E obtivemos o recoñecemento pola nosa participación

 

 

BO NADAL!!

 

 

 

SAMAÍN 2019

Celebramos o Samaín outro ano máis, fomos disfrazados e fixemos exposición de cabazas. Participamos todo o centro.

 

 

Aquí estamos os de primeiro posando cos nosos disfraces e as nosas cabazas:

 

En segundo estamos preparados para as próximas olimpiadas:

 

 

En terceiro tamén participamos coas nosas cabazas e os nosos disfraces:

 

Aquí estamos os de cuarto coas nosas cabazas:

 

O alumnado de quinto tamén participamos con unhas cabazas terroríficas:

 

En sexto expuxemos as nosas cabazas polos corredores tamén:

 

 

Todo o alumnado do centro, dende Infantil ata Primaria, intercambiamos postais con todos os centros de Educación Primaria de A Estrada e máis cos CEIP Os Muíñños de Muxía e o CEIP Antonio Carpinteiro de Arbo:

Para rematar o día fixemos un baile todo o alumnado:

 

DÍA DO DEPORTE

Distribuir contido


by Dr. Radut