Iniciar sesión: Acceso

Procedemento Admisión Alumnado 2020-2021

Segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos ponse en coñecemento das familias a seguinte información:

  • Postos escolares ofertados para o curso 20/21 (Ver anexo)
  • O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 23 de marzo.
  • Listaxe provisional de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Entroido 2020

O pasado venres 21 de febreiro, toda a comunidade educativa do noso centro celebrou o Entroido.
Baixo unha mesma temática, os inventos. Cada unha das clases elaborou o seu disfraz: houbo reloxos, tripulación de submarinos, radio-casetes, robots, bombillas e mesmo algún que outro científico tolo!
Desfilamos todos xuntos polo patio do cole para lucir os nosos talentosos disfraces. E despois a modo de comparsa fixemos un pasacalles ata o mercado. A mestra de música se encargou de poñer o ritmo ao son da batucada!

 

Xornadas de Portas Abertas

 

Campionato Campo a Través

Como xa fixéramos o ano pasado, o noso cole participou na Xornada do Campionato de Campo a Través celebrada no parque de Castrelos.

Ademais de correr, os nosos nenos superaron o medo a participar nunha competición, compartiron experiencia con nenos doutros coles, esforzáronse por chegar á meta, axudaron a aqueles que o necesitaron e o que é mellor gozaron facendo deporte!!!!

 

Proxecto de Introdución á Robótica

Estamos de noraboa!!!!!

O noso centro acaba de ser seleccionado no "Proxecto de Introdución á Robótica" proposto pola Consellería de Educación para este curso 2019/2020.

Foron seleccionados un total de 25 centros educativos en toda Galicia  e noso centro está dentro dese grupo de afortunados!

Esta gran nova para toda a comunidade educativa vén cargada de novo material para uso e disfrute do noso alumnado. En breve estarán correndo polas nosas aulas outros novos amiguiños: OS MBOTS!

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: