Novas
CONSELLO ESCOLAR 2022
Enviado por admin o Mar, 25/10/2022 - 19:00Comedor
Enviado por admin o Mér, 06/07/2022 - 15:36Informamos que xa está dispoñible o modelo de autodeclaración responsable de comedor para o curso 2022/23.
Podedes descargalo no arquivo adxunto ou recollelo na secretaría do centro os días 7 e 8 de xullo en horario de 11 a 12 horas. O prazo máximo para entregalo no centro é o 7 de setembro.
Na seguinte ligazón podedes consultar as Instrucións dos comedores escolares para o curso 2022/23.
Criterios e procedemento de distribución de máscaras
Enviado por admin o Lun, 16/11/2020 - 05:34Está destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria e se terá en conta o seguinte:
- NON ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no presente curso 2020-2021.
- SÍ ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra os seguintes requisitos:
- Renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (exercicio fiscal 2018)
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro de 2020 (só para o alumnado NON beneficiario da axuda de material escolar)
Unha vez rematado o prazo farase pública a listaxe provisional e a definitiva tal e como establece a orde, e procederemos ao reparto das máscaras entre o alumnado beneficiario.
Horarios Autobús
Enviado por admin o Xov, 10/09/2020 - 04:04Benqueridas familias:
A Ruta de Martínez Garrido a partires do 28 de setembro (luns) iniciará o seu percorrido as 8:50.
Informamos dos horarios de saída das rutas do autobús co obxectivo de estar nas paradas o mais puntuais posibles.
Ruta Meixueiro: inicio 8:30
Ruta Martínez Garrido: inicio 8:50
Saída despois do comedor: 15:40