Iniciar sesión: Acceso

Complementarias, Letras Galegas, Magosto e Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da árbore, Educación Física, Infantil, Festival Fin de Curso

QUE É UNHA DANA? COMO PODEMOS AXUDAR?

Dada a traxedia ocurrida en Valencia estas últimas semanas os nenos e nenas de educación infantil do CEIP O Sello quixeron aportar o seu gran de area elaborando un vídeo no que nos explican que é unha DANA e como podemos axudar. 

 

SAMAGOSTO NO SELLO

Así foi o Samagosto no CEIP O Sello, pasámolo xenial! 

Mirade que disfraces tan escalofriantes trouxeron os nosos nenos e nenas... que medo!!!!! Ademais metimos os nosos medos no comemedos, elaboramos receitas terroríficas, fixemos unha apócema de medo e un conxuro, merendamos castañas, xogamos a xogos populares e, incluso, houbo actuacións magníficas.

Unha imaxe vale máis que mil palabras, así que deixámosvos un vídeo-resumo deste terrorífico día.

 

FORMACIÓN TÉCNICA RADIO

O alumnado de 3º e 4º estivo formándose como técnicas e técnicas de radio e aproveitando as vindeiras Letras Galegas, aproveitamos para gravar o Himno Galego. Quedoulles bastante ben, non si?

QUE VIVA O ENTROIDO!

Os grupos de 3-4 e 5-6 realizaron na materia de Lingua Galega unha investigación sobre o Entroido Galego.

Os primeiros, adicaron as sesións a investigar sobre a figura da personaxe tradicional da nosa cidade, O Merdeiro, realizando as máscaras e o meco como productos finais da tarefa.

Por outra banda, os maiores adicaron o tempo a elaborar "Caixas do Entroido" nas que tiveron que sintetizar todo o que aprenderon das costumes, máscaras, gastronomía nos lugares que máis se vive esta festa en Galicia para despois contarllo ao resto do centro en BiblioSello.

Como punto final da actividade, visitamos o Museo Liste onde puideron desfrutar das máscaras en vivo e coñecer unha nova personaxe: o Vergalleiro de Sarreaus.

DÍA DE ROSALÍA 2024

Gravación de poemas e biografía de Rosalía de Castro en BiblioSello!

  •  Alumnado de Infantil (O Moucho):
  •  Alumnado de 1º e 2º (Has de cantar):
  • Alumnado de 5º e 6º (Como chove miudiño):
  • Alumnado de 3º e 4º (Biopoema Rosalía de Castro):
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: