Curso 2014/2015
Excursión de fin de curso
Enviado por Anónimo o Xov, 25/06/2015 - 19:33Este ano o destino elixido para a nosa excursión de convivencia foi a vila mariñeira de Baiona. A Fortaleza de Monterreal, a carabela Pinta ou o casco histórico foron algunhas das nosas paradas. Ademais comimos no monte e gozamos tamén do parque no paseo da Palma. Sen dúbida, pasamos un marabilloso día!
Día da árbore
Enviado por Anónimo o Mar, 23/06/2015 - 15:14O pasado 4 de xuño gozamos dunha xornada de convivencia no CEE Saladino Cortizo. Entre todos plantamos unha árbore, soltamos uns paxaros, merendamos e participamos en diversos xogos interactuando cos alumnos/as do CEE Saladino Cortizo e tamén do CEIP O Carballal.
Premio de redacción Atrévete a ter unha idea!
Enviado por admin o Xov, 18/06/2015 - 05:32Este ano tentamos descubrir como crear a nosa propia empresa, deste xeito visitamos os Ciclos de cociña, xoiería e deseño de moda.
Participamos no concurso Atrévete para crear cada un de nós a nosa propia empresa, e é un orgullo para nós presentarvos á empresa gañadora, creada por Carla Piquín Casabella. Preme no diploma para ver o seu traballo!
Parabéns!!!!
3º Premio Nacional de Redacción
Enviado por admin o Mar, 16/06/2015 - 04:54Neste curso a nosa alumna Leire Ramallo Jurado, gañou o 3º Premio Nacional de Redacción, co tema: "La seguridad y salud en el trabajo" Organizou este concurso a empresa MC Mutual.
NORABOA LEIRE!!!!
Preme no diploma para ler a súa redacción:
Uns ricos granizados!
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2015 - 18:27Nesta ocasión quixemos comprobar a importancia da auga na cociña e con moi pouquiños ingredientes fixemos uns granizados de laranxa e de sandía.