Iniciar sesión: Acceso

Protocolo de Atención a Familias

Como solicitar cita previa:

  • No correo: ceip.osello@edu.xunta.es

  • No teléfono 886120268 (a partir do luns en horario de 10:30 a 12:30)

  • A atención realizarase a través da ventá dispoñible na porta de entrada da dereita dos soportais. Por favor chamade ao timbre da entrada ao chegar.

Non se atenderá a ninguén que non concertara a cita previamente.

Prégase respectar as pautas sanitarias.

Información para as familias

A concellería de Benestar Social do Concello de Vigo, a través dos colexios, está intentando detectar ás familias que se atopen con problemas grandes para que o alumnado acceda aos contidos dixitais do colexio (por falta de conexión a internet, de ordenador ou de tablet), así como tamén a aquelas familias que amosen dificultades económicas graves, para intentar axudalas.

Todas as familias que precisen solicitar esta axuda, que se poñan en contacto vía correo electrónico coa orientadora Puri no seguinte correo: purificacion.fernandez@gmail.com

Aquelas familias que xa estiveron en contacto con Puri por este tema, xa non precisan escribirlle.

Orientacións provisionais Terceiro Trimestre

Orientacións provisionais  para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente por parte do Ministerio dunha norma que estableza as directrices para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019/20).

En tanto non se publique a correspondente norma, é oportuno adiantar como avance estas orientacións para os centros educativos para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020:

  1. As actividades lectivas: non se estenderán mais alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, que será o mes de xuño.

  2. Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.

  3. Os centros e o profesorado adaptarán o sistema de avaliación do alumnado, co obxectivo prioritario de que os alumnos e as alumnas non perdan o curso e poidan continuar avanzando na súa formación, tendo en conta de maneira especial a situación do alumnado máis vulnerable.

  4. A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

 

Terceiro Trimestre

Comeza o terceiro trimestre, e todo o claustro de profes desexa que vos atopedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.

Esperando instrucións da Consellería de Educación, co fin de coordinar as medidas concretas para o desenvolvemento deste terceiro trimestre, esta semana as actividades lectivas levaranse a cabo con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido ata o de agora.

Cando teñamos novas instrucións sobre o desenvolvemento deste terceiro trimestre seredes informados.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: