Iniciar sesión: Acceso

Visita o noso centro

50 aniversario CEIP O Sello

Admisión Alumnado 2021-2022

Dende o luns 11 de xaneiro, iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2021-2022. Na primeira fase soamente afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria co obxecto de reservar praza no noso instituto adscrito (IES Ricardo Mella).

Tedes toda a información a premendo no cadro que aparece a continuación. Para mais dúbidas, chamade ao 886120268

      

            Proceso de Admisión 2021 - 2022     

 

 

 

Novos Proxectos

Durante o presente curso solicitamos a inclusión do noso centro en numerosos proxectos de innovación, e comprácenos anunciar que resultou todo un éxito:

  • Radio na Biblio: en Vigo fomos 3 os centros afortunados para levar a cabo esta interesantísima iniciativa que engadirá, aínda máis, calidade á ensinanza dos nosos alumnos.

  • Bibliotecas creativas: repetimos por segundo curso consecutivo co programa de bibliotecas creativas. A dotación económica servirá para dotar ao centro dunha impresora 3D e de novos robots. Somos 5 os centros de Vigo que estamos inmersos nesta proposta educativa.

Seguimos crecendo!!!!!

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

A Consellería ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

Está destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria e se terá en conta o seguinte:

  1. NON ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no presente curso 2020-2021.
  2. SÍ ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra os seguintes requisitos:
  • Renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (exercicio fiscal 2018)
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro de 2020 (só para o alumnado NON beneficiario da axuda de material escolar)

Unha vez rematado o prazo farase pública a listaxe provisional e a definitiva tal e como establece a orde, e procederemos ao reparto das máscaras entre o alumnado beneficiario.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: