Iniciar sesión: Acceso

Listaxe provisional Fondo Solidario Libros de Texto

Tal e como establece a ORDE do 12 de maio de 2020, o documento no que se fai pública a listaxe provisional do Fondo Solidario Libros de Texto estará á vosa disposición no taboleiro de anuncios do centro.

Formalización matrícula curso 2020-2021

O prazo para a formalización de matrícula para o curso 2020-2021 abrangue do 1 ao 10 de xullo de 2020 e todo o alumnado do centro ten que cubrir e presentar os impresos que a continuación se anexan:

Prego vaiades firmando e enviando vía email (ceip.osello@edu.xunta.gal) a documentación perfectamente cuberta e asinada polos dous proxenitores (de ser posible) con data 1 de xullo de 2020. Se algunha familia precisa entregalo no centro non se precisa cita previa.

Prestade moita atención nos apartados de:

  1. Comedor
  2. Transporte
  3. Relixión ou Atención educativa (marcar un dos dous)

Libros de Texto 2020-2021

Xa están dispoñibles os Libros de texto para o curso 2020-2021.

Preme en cada curso para acceder ao documento:

Infantil

Primaria

Notas Finais

As notas de final de curso serán publicadas o venres 19 de xuño a través da plataforma Abalar a partir das 10 da maña.

Se algunha familia ten problemas coa aplicación Abalar que se poña en contacto co centro ou o titor correspondente.

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor do Concello de Vigo Curso 20-21

Acaban de ser anunciadas as bases reguladoras para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo – Curso 2020-2021.

Acceso á convocatoria

Estas axudas serán solicitadas a través do Concello, o centro educativo non ten potestade para xestionar as solicitudes. Para mais información chamar ao 010

Por favor, non confundir estas axudas co Fondo de Libros e Material Escolar publicado pola Xunta de Galicia e que si se xestiona a través do centro.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: