Iniciar sesión: Acceso

Terceiro Trimestre

Comeza o terceiro trimestre, e todo o claustro de profes desexa que vos atopedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.

Esperando instrucións da Consellería de Educación, co fin de coordinar as medidas concretas para o desenvolvemento deste terceiro trimestre, esta semana as actividades lectivas levaranse a cabo con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido ata o de agora.

Cando teñamos novas instrucións sobre o desenvolvemento deste terceiro trimestre seredes informados.

Instrucións 2ª Avaliación

Dadas as novas instrucións por parte da Consellería, remitimos a seguinte información:

  • A 2ª Avaliación dáse por pechada o venres 13 de marzo, data na que se declarou o estado de alarma.
  • As notas publicaranse o día 3 de abril, ás 10:00h. a través da aplicación Abalar Móbil. No seguinte enlace tedes aceso á descarga da mesma: AbalarMóbil. Se algunha familia tivese problemas pode poñerse en contacto a través do correo ceip.osello@edu.xunta.es ou co titor correspondente.
  • Respétase o período vacacional de Semana Santa do 4 ao 13 de abril, ámbolos dous incluídos.

Á volta das vacacións, no terceiro trimestre, de continuar con esta situación o traballo desenvolverase a través do blogue DENDECASA e a páxina web do CEIP O Sello seguirá actualizando a información oficial da Consellería.

Traballando dende Casa

Seguimos a traballar na elaboración de materiais para que o alumnado poda traballar na casa.

Se premedes na imaxe accederedes ao Blogue onde pouco a pouco iremos subindo o material.

Lembramos que segundo as últimas instrucións recibidas dende a Xunta, o noso centro permanecerá pechado ata nova orde. Para calquera aclaración ou dúbida atenderémosvos no correo electrónico do centro: ceip.osello@edu.xunta.es (poñendo no asunto a quen vai dirixido o correo)

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE ÁS FAMILIAS

Atendendo ás últimas informacións facilitadas pola Consellería de Educación informámosvos que AS CLASES VERANSE SUSPENDIDAS DENDE O PRÓXIMO LUNS 16 DE MARZO por motivo da situación relacionada co Coronavirus. Mañana vernes, a asistencia ao centro será voluntaria.

Por este motivo tamén quedará suspendido o obradoiro organizado pola ANPA relacionado co Día do Pai e todas as actividades extraescolares.

En canto ao PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADOinterrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

En canto saibamos mais datos sobre o tema informarémosvos a través da páxina web do centro.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: