Iniciar sesión: Acceso

Procedemento Admisión Alumnado 2019-2020

Segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos ponse en coñecemento das familias a seguinte información:

  • Postos escolares ofertados para o curso 19/20 (Ver anexo)
  • O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.
  • Listaxe provisional de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Xornadas de portas abertas

As familias interesadas en coñecer o noso centro, as súas instalacións e a nosa maneira de traballar non dubidedes en visitarnos!!

  • Martes 26 de febreiro de 16 a 18 horas
  • Mércores 27 de febreiro de 10 a 13 horas
  • Xoves 28 de febreiro de 9:15 a 11 horas

 

O noso cole

Se queredes dar un paseo polo noso cole, premede na imaxe!!

Día da paz

A celebración do Día da Paz 2019, estivo chea de numerosos actos: a entrega do Nobel da Paz aos alumnos escollidos polos compañeiros, a presentación dos mediadores, a lectura do manifesto elaborado polos alumnos de 6º e por último cantamos a canción "Temos que coidar a natureza". Mais abaixo compartimos o manifesto e o vídeo para que vexades o ben que o pasamos.

Manifesto

Nós, estudantes, profesorado e conxunto de persoas da comunidade educativa, preocupadas pola persistencia de conflitos e a proliferación da violencia, de condutas de intolerancia nas nosas sociedades e en diversas partes do mundo, existencia de terrorismo e guerra, incremento de situacións de acoso escolar, ameazas, abusos, actos e condutas denigrantes, agresivas e violentas na sociedade e actualmente en internet e redes sociais, preocupadas pola extensión de intolerancia a persoas diferentes, con comportamentos de discriminación, odio, violencia de xénero...e tristemente un largo etc.

Recoñecendo que a paz non é so a ausencia de conflitos se non un respecto a vida, unha promoción do diálogo, cooperación e en especial unha educación para a tolerancia e a paz. O respecto a dignidade da persoa e a loita polos dereitos humanos. O respecto a igualdade de dereitos de homes e mulleres, dereito de liberdade de expresión, opinión e información, respecto a solidariedade e desenvolvemento da persoa, protección do medio ambiente para esta xeración e para as futuras... por todas estas razóns hoxe celebramos no CEIP O Sello O DÍA DA PAZ.

 

 

Hip-hop o Sello

A Escola de Baile Pasos visitou o noso centro para dar unha masterclass de hip hop aos nosos alumnos.

O hip-hop​ é unha cultura e movemento artístico orixinado no Sur do Bronx e Harlem, na cidade de Nueva York, entre os xoves afroamericanos e hispanos durante a década de 1970.​ O término hip hop úsase a miúdo para referirse ao estilo musical (tamén coñecido como rap), considerase que o hip hop non soamente se reduce ao ámbito musical e polo contrario consta de catro elementos: rap (oral: recitar ou cantar), turntablism o "DJing" (auditiva ou musical), breaking (físico: baile) e graffiti (visual: pintura).

A continuación podemos ver uns vídeos do traballo realizado, moitas grazas pola visita!

 

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: