Iniciar sesión: Acceso

Plan Proxecta 19-20

Este cuso participamos no Plan Proxecta e realizamos diferentes actividades:

  •  "O Sabor da Aventura está no mar"

Realizamos un obradoiro no centro no que o noso alumnado aprendeu moito dunha maneira divertidísima!. Tamén fixemos unha visita ao mercado de Bueu, na que os nenos asistiron a poxa de peixe, aprenderon sobre a arte da pesca e por suposto degustaron alimentos do mar.

  •  “Ponlle as pilas ao teu bocata”.

Ademais de pasalo xenial, aprenderon a facer bocatas  con distintos produtos saudables como leituga, atún ou tomate.

Premede aquí para ver fotos das actividades.

Libros de Texto 2019-2020

Xa están dispoñibles os Libros de texto para o curso 2019-2020.

Preme en cada curso para acceder ao documento:

Infantil

Primaria

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 19-20

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

  • Prazo para presentar solicitudes: iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2018 (este incluído)
  • Documentación Obrigatoria: Anexo I, Anexo II e copia do libro de familia. E, de ser o caso, certificado do grao de discapacidade, violencia de xénero, incapacitación, resolución xudicial de alumnado en tutela ou garda da xunta ou certificado de convivencia.

Orde Fondo Solidario Libros de Texto

Anexo Solicitude

Festa dos Maios

Un ano más celebramos a exaltación da natureza bailando e cantando ao redor do noso maio e coma sempre as coplas fixéronse con moito amor.

Infantil
Infantil quérote moito
e queremos festexar    
a nosa terra é moi linda
e querémola coidar.
Infantil quérote moito
e queremos festexar
a nosa terra é moi linda     
e querémola coidar.
Con cores con moitas cores        
o maio ven axiña
desperezando as sementes
durmidas baixo as campiñas.
De cores moitas cores
amanece na foresta
vestindo todas as flores
para poder irse de festa
Na nosa horta plantamos        
menta, albahaca e melisa
que nos dan moitos aromas
traidos por dona brisa.
Gracias Jose pola axuda,
por tanto nos ensinar,
desde a teimuda ruda,

ata os misterios do grelar.

O aire fresco do mar
o aroma do sal
na rocha voume sentar
a pensar e a soñar.
O río sempre movendo,
a auga que vai correndo
peixiños que van crecendo
cos suspiros do vento.
Queremos un mar sen plásticos
ver os peixes nadar
os barcos navegando
sen petróleo no mar.
Se queredes disfrutar
coida ben o noso mar
os oceános sen lixo
e as focas respetar.
O noso grupo de quinto
queremosvos explicar
o valor da reciclaxe
xa imos comezar!
Superfauna e superflora
teñen que ser mais queridas
so que Dora a Exploradora
sempre pensa en pesticidas.
 6º
 Coro
 
Nos queremos reciclar
plástico reutilizar
e facemos instrumentos,
creo isto e a tocar!
mirando a natureza
Observamos a beleza
retiramos refugallos
e celebramos os maios.
A terra nosa naiciña
queremola agarimar
cantándolle estas copliñas
miña terra, noso lar!
 

 

Entroido 2019

Outro ano mais celebramos o entroido cun paseo polas rúas de Cabral, seguido dun baile todos xuntos e, para terminar, a tradicional degustación de produtos tradicionais destas datas (orellas, filloas, rosquillas,...)

Premede AQUÍ para ver as fotos.

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: