Plan Proxecta 19-20
Este cuso participamos no Plan Proxecta e realizamos diferentes actividades:
- "O Sabor da Aventura está no mar"
Realizamos un obradoiro no centro no que o noso alumnado aprendeu moito dunha maneira divertidísima!. Tamén fixemos unha visita ao mercado de Bueu, na que os nenos asistiron a poxa de peixe, aprenderon sobre a arte da pesca e por suposto degustaron alimentos do mar.
- “Ponlle as pilas ao teu bocata”.
Ademais de pasalo xenial, aprenderon a facer bocatas con distintos produtos saudables como leituga, atún ou tomate.
Premede aquí para ver fotos das actividades.