Iniciar sesión: Acceso

Festival 2017

Xa temos aquí un vídeo resumo das actuacións de Nadal, moitas grazas aos pais que posisbilitaron ao centro dispoñer destas imaxes.

 

Un ano mais celebramos o Festival de Nadal, aquí vos deixamos unha pequena mostra das actuacións dos rapaces (Preme na imaxe para acceder)

 

Bo Nadal!!!!!!!!!

Experiencias deportivas

Durante o mes de novembro recibimos as visitas de adestradores de bádminton e balonmán, co obxectivo de dar a coñecer un pouco mais os seus deportes e animar aos nenos a practicalos no seu tempo de lecer.

O adestrador do Club Deportivo Rachaplumas de bádminton, Juan Vila, ensinounos un pouco de historia deste deporte e tamén unhas nocións básicas de golpeo.

Pola outra banda, os adestradores do Club Deportivo Carballal fixéronnos moitos xogos cos que gozamos do balonmán.

Se premedes nos enlaces poderedes acceder as fotos:

Bádminton            Sorriso            Balonmán

O sabor da aventura está no mar

En setembro iniciamos as saídas escolares cunha visita ao Porto de Canido e ao Museo de Mar, grazas ao Plan Proxecta-Aliméntate Ben, na súa modalidade O Sabor da aventura está no Mar. No Porto de Canido viron o funcionamento da lonxa, e no Museo fixeron unha degustación dos produtos do mar. Premendo na foto podedes comprobar o ben que o pasamos.

Menús do Comedor 17-18

Se queredes descargar os menús de cada mes premede na imaxe de pdf.

Setembro   
   Xaneiro   
   Maio                    
Outubro      Febreiro      Xuño
Novembro      Marzo      
Decembro      Abril      

Festival de fin de curso 2016/2017

Como cada ano, no CEIP O Sello,  festexamos o fin de curso cun festival e nesta ocasión non faltou nin o baile, nin o ritmo nin  o humor. O noso alumnado puxo moita ilusión e esforzo en cada actuación e  resultado pagou a pena.

Ademias grazas ás familias gozamos dunha rica degustación de produtos típicos das comunidades autónomas traballadas durante este curso e con este bo sabor de boca despedímonos ata setembro.

BO VERÁN A TODOS!!!

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: