Curso 2016/2017
Festival de fin de curso 2016/2017
Enviado por Anónimo o Lun, 03/07/2017 - 18:38Como cada ano, no CEIP O Sello, festexamos o fin de curso cun festival e nesta ocasión non faltou nin o baile, nin o ritmo nin o humor. O noso alumnado puxo moita ilusión e esforzo en cada actuación e resultado pagou a pena.
Ademias grazas ás familias gozamos dunha rica degustación de produtos típicos das comunidades autónomas traballadas durante este curso e con este bo sabor de boca despedímonos ata setembro.
BO VERÁN A TODOS!!!
Visita Club Petanca Cabral
Enviado por admin o Lun, 03/07/2017 - 03:50No último mes do curso tivemos a sorte de recibir a visita do Club Deportivo Petanca de Cabral, onde a profe Chus participa como xogadora. A experiencia resultou moi motivante, e moitos dos nosos alumnos resultaron ser grandes xogadores.
Culturgal II
Enviado por Anónimo o Dom, 02/07/2017 - 19:01Por segundo curso consecutivo o EDLG, en colaboración co claustro de mestres e das familias, puxo en marcha o II CULTURGAL celebrado no noso centro escolar. Como resumo a un curso cargado de moito traballo, e polo tanto de moitos aprendizaxes, expuxéronse algunhas das actividades relacionadas co noso proxecto anual "UNHA ANDAINA POR EXPAÑA" que tiveron lugar ao longo de todo o ano. Durante catro días a nosa exposición estivo aberta a toda a comunidade escolar convidando ás familias a gozar dela. O venres 23 clausuramos o noso particular CULTURGAL cunha degustación con produtos típicos de cada unha das Comunidades Autónomas traballadas e xunto ás familias gozamos dunha gran festa.
Sardomela 20
Enviado por Anónimo o Dom, 02/07/2017 - 18:00No ano 1998 fundouse a nosa revista "Sardomela" e como resultado do esforzo de moitos mestres e mestras que pasaron por este centro educativo, mantendo a súa tirada ano tras ano, neste 2017 chegou a "Sardolema 20". Recentemente tivemos a dicha de recibir a visita do seu fundador, o entonces director Gerardo Quintas, quen nos contou algúns datos curiosos como que "Sardolmela é a rúa do colexio pero tamén é un peixe".
O EDLG recompilou os vinte exemplares desta editorial e foi no Culturgal onde todos puidemos votar a vista atrás e comprobar a evolución que esta xove, pero xa vella amiga, foi sufrindo ao longo dos cursos.
As Maimiñas
Enviado por Anónimo o Mér, 24/05/2017 - 01:07Chegou o día da celebración das Letras Galegas e que melllor que comezar cun número musical da man das MAIMIÑAS. Coas súas disparatadas historias e sen deixar de cantar, este dúo de Mos, conseguiu que tanto o alumnado como o claustro de mestres bailase e cantase transportándonos a unha divertida e interesante viaxe polo mundo.
Dende esta xaneliña queremos darlle as grazas ao ANPA do noso centro por colaborar con nós e facer posible que todos gozásemos desta actuación.