Visita Club Petanca Cabral
Enviado por admin o Lun, 03/07/2017 - 04:50No último mes do curso tivemos a sorte de recibir a visita do Club Deportivo Petanca de Cabral, onde a profe Chus participa como xogadora. A experiencia resultou moi motivante, e moitos dos nosos alumnos resultaron ser grandes xogadores.
Culturgal II
Enviado por Anónimo o Dom, 02/07/2017 - 20:01Por segundo curso consecutivo o EDLG, en colaboración co claustro de mestres e das familias, puxo en marcha o II CULTURGAL celebrado no noso centro escolar. Como resumo a un curso cargado de moito traballo, e polo tanto de moitos aprendizaxes, expuxéronse algunhas das actividades relacionadas co noso proxecto anual "UNHA ANDAINA POR EXPAÑA" que tiveron lugar ao longo de todo o ano. Durante catro días a nosa exposición estivo aberta a toda a comunidade escolar convidando ás familias a gozar dela. O venres 23 clausuramos o noso particular CULTURGAL cunha degustación con produtos típicos de cada unha das Comunidades Autónomas traballadas e xunto ás familias gozamos dunha gran festa.
Sardomela 20
Enviado por Anónimo o Dom, 02/07/2017 - 19:00No ano 1998 fundouse a nosa revista "Sardomela" e como resultado do esforzo de moitos mestres e mestras que pasaron por este centro educativo, mantendo a súa tirada ano tras ano, neste 2017 chegou a "Sardolema 20". Recentemente tivemos a dicha de recibir a visita do seu fundador, o entonces director Gerardo Quintas, quen nos contou algúns datos curiosos como que "Sardolmela é a rúa do colexio pero tamén é un peixe".
O EDLG recompilou os vinte exemplares desta editorial e foi no Culturgal onde todos puidemos votar a vista atrás e comprobar a evolución que esta xove, pero xa vella amiga, foi sufrindo ao longo dos cursos.
Libros de Texto 2017-2018
Enviado por admin o Mar, 27/06/2017 - 08:42Xa están dispoñibles os Libros de texto e o material para o curso 2017-2018.
Preme en cada curso para acceder ao documento:
Infantil
Primaria
As Maimiñas
Enviado por Anónimo o Mér, 24/05/2017 - 02:07Chegou o día da celebración das Letras Galegas e que melllor que comezar cun número musical da man das MAIMIÑAS. Coas súas disparatadas historias e sen deixar de cantar, este dúo de Mos, conseguiu que tanto o alumnado como o claustro de mestres bailase e cantase transportándonos a unha divertida e interesante viaxe polo mundo.
Dende esta xaneliña queremos darlle as grazas ao ANPA do noso centro por colaborar con nós e facer posible que todos gozásemos desta actuación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »
![CEIP Plurilingüe O Sello RSS Distribuir contido](/centros/ceiposello/misc/feed.png)