Recital de Poesía
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 15:06Almorzos saudables
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 15:04Esta mañá, grazas ao Concello de Vigo o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria puido gozar dunha charla, baixo a temática "Almorzos Saudables". Aprenderon unha morea de cousas sobre a importancia de comezar o día cun almorzo san e completo, que favoreza o seu desenvolvemento e rendemento escolar. E para rematar, como non podía ser de outra forma, que mellor maneira de aprender que experimentalo directamente. Sen dúbida, un obradoiro moi saboroso.
Entrega de premios do "II Concurso de cartas de Amor e de Amizade"
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 15:00O pasado 15 de marzo puidemos realizar a desexada entrega de premios aos gañadores do "II Concurso de Cartas de Amor e Amizade". Este ano as cartas foron redactadas en verso e os premiados polas súas fermosas poesías son:
O rap do Dinoseto
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 14:53Un planetario no cole!
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 14:50Esta semana grazas a Obra Social "La Caixa", o alumnado do cole puido gozar dunha experiencia estelar. No ximnasio do cole montouse un fabuloso planetario móbil. Trátase dunha instalación ideal para a aprendizaxe e a divulgación da astronomía; para achegar o ceo aos nenos que aínda o descoñecen, e aos adultos que o esqueceron. O planetario constaba de 4 programas baixo o título "O ceo das estacións" e unha pequena curtametraxe titulada "A nena que sabía camiñar do revés". Sen dúbida unha forma lúdica e motivadora de coñecer o universo. Aquí deixamos un pequeno vídeo do moito que gozaron os mais cativos do cole con esta experiencia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »