Semana do libro - Martes
Enviado por Anónimo o Xov, 04/05/2017 - 18:22O martes tocoulle a quenda a 3º de Primaria. Contáronnos a lenda de San Jordi, xa que están investigando a comunidade catalana. Se nos a coñecedes mirade o vídeo que vos deixamos aquí.
Semana do libro - Luns
Enviado por Anónimo o Xov, 04/05/2017 - 18:19Ao longo da semana do 18 ao 23 de abril celebramos a "Semana do Libro". Este ano organizamos unha actividade relacionada co noso proxecto anual "Unha andaina por España".
Cada aula contounos aos demais, un conto, unha lenda ou falounos das características da Comunidade Autónoma investigada durante o curso.
Todos fixérono moi ben e aprendemos moitas cousas interesantes.
Os primeiros en comezar esta andaina foron os alumnos de Infantil que nos leron o conto de Andalucía "La feria de Abril" e tamén "¿De qué están hechas las niñas flamencas?". A continuación, os alumnos de 5º de Primaria nos representaron a lenda vasca de Makilakixki.
I Certame de retranca galega
Enviado por Anónimo o Mér, 19/04/2017 - 01:14Este curso dende o EDLG da escola, co afán de promover o uso da nosa lingua entre o alumnado, convocouse o I Certame de Retranca Galega, no que había que recoller un refrán ou dito popular galego. Resultou unha actividade moi interesante para falar do sentido e significado deses ditos populares e coñecer un pouquiño mais a nosa cultura.
Houbo unha boa participación e non foi doado escoller aos premiados. Finalmente os galardoados foron:
Ainara Pereira Pérez de 5º de Ed. Infantil.
Rubén Alonso Martínez de 4º de Ed. Primaria.
Uxía Centelles Martínez de 6º de Ed. Primaria.
¡¡Parabéns aos premiados e tamén a todos os que participastes nesta actividade polo voso esforzo!!
Día mundial da Poesía
Enviado por Anónimo o Mar, 04/04/2017 - 18:06Aquí vos deixamos estes vídeos nos que podedes ver o xenial traballo que realizaron.
Recital de Poesía
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 15:06- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »