Iniciar sesión: Acceso

Conmemoración da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia

Como cada curso, entre o 1 e o 11 de decembro, celebramos a conmemoración da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía. Nesta ocasión reunímonos todo o cole no Recuncho de Libroreta e o  alumnado de 5º e 6º de EP recordounos a importancia de  celebrar esta data. Ademais un representante de cada curso, dende 4º de EI ata 6º de EP, foron os encargados de narrarnos unha presentación (Actividade de Carlos Mariño Pego), na que se reflexaron algúns dos elementos mais representativos da nosa Comunidade Autónoma: símbolos, escritores, músicos, gastronomía... Rematamos cun xogo baseado en variadas preguntas para comprobar a atención prestada polo público asistente e o broche final o puxo a música de Lume coa "Saia da Carolina" e como non podía ser de outro xeito, co Himno de Galicia.

Obradoiro de crema dentífrica

Un curso mais, a Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, fixo partícipe ao noso alumnado de 3º e 4º de EP, dunha interesante actividade.                                                                                                                 A partir de ingredientes naturais, elaboraron pasta dentífrica, que levaron para casa traballando tamén o léxico bucal en galego.

Bibliosello

QUEREDES COÑECER BIBLIOSELLO POR DENTRO?

Rapolibro paséavos por ela se premedes na seguinte imaxe: 

 

 

Dende o "O Blogue de Rapolibro amosamos todas as actividades que facemos co alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria. Mochila viaxeiras, Bibliopatios, retos, diferentes conmemoracións, activividades coa impresora 3D, obradoiros maker, recomendacións lectoras e, por suposto, damos visibilidade aos nosos recursos e servizos á comunidade educativa.  

II Edición: OLIMPIACAS

Por segundo curso consecutivo e coincidindo co San Martiño, no CEIP O Sello, celebramos a festa do Magosto comendo ricas castañas asadas, por membros do ANPA, e participando nas Olimpiacas. Nesta II Edición os alumnos, mesturados en grupos de diferentes idades (dende 4º EI a 6º EP), pasaron polos distintos xogos populares nos que o elemento común foi a castaña.

Os 8 xogos desta olímpica edición foron:

- "GOLFTAÑA"

- "CASTANBIRLOS"

- "CASTAÑOLA"

- "TRES EN TAÑA"

- "PANO CASTAÑA"

-"TRAGACASTAÑAS"

- "CASTAÑA VELOZ"

- "LANZA A CASTAÑA"

Samaín no Sello

O pasado día 28 o CEIP O Sello celebrou, un curso mais, a festa na que teñen cabida as personaxes mais sorprendentes, pois pantasmas, meigas ou morcegos pulularon libremente polo noso centro.
Este ano moitas das cabazas e caveiras tiñan un toque moi español seguindo a temática do noso proxecto anual, "Unha andaina por España". E para rematar a nosa festa sen perder as boas costumes, degustamos unhas deliciosas sobremesas aportadas polas nosas colaboradoras familias.
 
 Grazas!!!
 
 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: