Chorouvía
Enviado por Anónimo o Xov, 26/05/2016 - 05:30Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Ven, 20/05/2016 - 04:46Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
Prazo para presentar solicitudes
- 1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).
- 2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2018.
O profe Manuel e Manuel María
Enviado por Anónimo o Mér, 11/05/2016 - 18:00O noso profe Manuel é unha caixa de sorpresas e nesta ocasión, ademais de facernos partícipes da súa amizade co escritor homenzaxeado nas Letras Gaelgas 2016, tamén compartíu con nós a adapatación que realizou do poema do seu tocallo titulado "A rebelión das ovellas". Mirade e escoitade pois neste vídeo pálpase a man e a alma do noso especialista en Educación Musical.
Proxecto faro na escola
Enviado por Anónimo o Mér, 27/04/2016 - 04:58Este ano participamos no PROXECTO DE FARO NA ESCOLA.
Semana do Libro
Enviado por Anónimo o Mar, 26/04/2016 - 16:47
A semana do 18 ao 22 do mes de abril celebramos a Semana do Libro no noso cole con diferentes actividades. "Os luns ao sol" é unha actividade que levamos a cabo tódolos luns dende hai meses na que, se o tempo o permite, o alumnado de 5º e 6º de E. P. le ao alumndo de E. I. no patio escolar xunto ao resto de niveis. Ademais, como cada mércores, fixemos o "Apadriñamento lector" no que os maiores len ou representan un conto aos máis cativos. Ao rematar a semana chegou o turno dos mestres que leron contos en diferentes linguas: galego, castelán, inglés, francés e italiano. Ademais, resolvemos a pregunta do concurso "Elemental, Querida Libroreta" e foi Noa Costas Estévez de 5º de E.P. a gañadora deste concurso. Noraboa Noa!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- …
- seguinte ›
- última »