Coplas de Entroido
Enviado por Anónimo o Lun, 29/02/2016 - 17:05Nesta ocasión o noso proxecto anual, Costumes e tradicións galegas, inspirounos para compoñer unhas coplas moi molonas. Escoitádeas!!!
A música das árbores
Enviado por Anónimo o Sáb, 27/02/2016 - 05:13Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as follas nace unha sinfonía. Cando a chuvia cae nas follas soan diferentes instrumentos. As treboadas fan danzar os freixos e xorde un espectáculo de ballet...
Unha nova actividade concedida pola Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, relacionada co libro-cd do mesmo nome, na que Servando Barreiro sensibilizou ás nenas e nenos coa contorna natural a través da música e dos contos e cantigas participativas, co galego como lingua vehicular.
Xornadas de Portas Abertas
Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 05:22O vindeiro martes 1 de Marzo ofrecemos as Xornadas de Portas Abertas para todos aqueles que queiran vir visitar o noso colexio.
Animádevos a vir as 17:00 horas!!!!
Entroido galego!!!
Enviado por Anónimo o Mar, 23/02/2016 - 18:04Este ano disfrazámonos de cousas relacionadas co noso Proxecto Anual, "Costumes e Tradicións Galegas", e cada curso tratou de reflexar un anaco da nosa Comunidade: o noso traxe típico, a gastronomía, a fauna, as festas populares, os pintores, os celtas, os peregrinos, a Rondalla... Ao chegar de volta ao cole bailamos e recitamos as nosas coplas. E para rematar degustamos uns ricos postres típicos da nosa terra grazas a colaboración das familias.
O Merdeiro visita O Sello
Enviado por Anónimo o Mér, 17/02/2016 - 00:48
Os mariñeiros disfrazábanse de merdeiros (traxe que imitaba a campesiños que recollían restos de peixe para abonar os seus campos) para incordiar á xente restregándolle restos de peixe podre. Por tanto era unha figura que xurdiu da rivalidade entre mariñeiros e labradores.
A vestimenta era unha imitación dos escabicheiros, esaxerando os elementos do traxe e os apeiros máis significativos: camisa branca arremangada, pantalón de pano, polainas, zapatillas brancas ou zocas, chaleco con símbolos astrais ou animais (o sol, a lúa, un burro, un galo, unha galiña…), unha faixa vermella, armado cunha vara e adornado con vexetais, como verduras, cebolas,... máscara rosa, perruca loura e o gorro cunha galiña na cabeza.
Sen dúbida unha foi unha visita moi sorprendente e interesante para todos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »