Iniciar sesión: Acceso

Día da Árbore

O venres 3 de xuño visitamos o CEE Saladino Cortizo para festexar como cada ano este día. Compartimos co alumnado deste centro anfitrión e tamén co CEIP Carballal unha morea de actividades e xogos e pasámolo en grande.

Xa agardamos con ilusión

a que chegue o vindeiro ano!

 

Aliméntate ben!

Un curso máis participamos no Plan Proxecta Aliméntate ben tanto na modalidade de Froita na escola, xa hai uns meses, como na máis recente, Ponlle as pilas ao teu bocata. Ambas pretenden achegar aos nenos ao medio natural que os rodea potenciando o consumo dos produtos que este medio lles achega, valorando os seus beneficios e fomentando hábitos de consumo saudables.

Recitamos a Manuel María

Para celebrar o día das Letras Galegas e homenaxear a Manuel María, decidimos decorar as nosas escaleiras con dúas das súas obras: "O soñador" e "Galicia". Por suposto aprendémolas para poder recitalas. Tamén decoramos entre todos un fermoso mural. 
Mirade que chulo quedou todo!
 
 

Coplas do Maio florido

Aquí vos deixamos as coplas que compuxeron os nosos alumnos para o Maio Florido. A verdade é que estes rapaces estanse a converter nuns expertos nisto da rima.


Maios e Letras Galegas

Por fin despois de ter que atrasar a celebración dos Maios e do Día das Letras Galegas por culpa do mal tempo, o pasado venres 20 de maio puidemos levar a cabo todas as actividades, que con tanto esforzo habiamos preparado.
Primeiro decoramos o noso Maio coas flores que trouxo o alumnado...  e ben vistoso que nos quedou!!! Despois homenaxeamos a Manuel María, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. Recitamos e cantamos algún dos seus poemas.
E para rematar cantamos as nosas propias coplas dos Maios e bailamos ao redor del. A ver se conseguimos que o bo tempo se quede connosco por fin!!!
Aquí vos deixamos un vídeo de todo o traballo realizado. 
 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: