Iniciar sesión: Acceso

Entroido 2020

O pasado venres 21 de febreiro, toda a comunidade educativa do noso centro celebrou o Entroido.
Baixo unha mesma temática, os inventos. Cada unha das clases elaborou o seu disfraz: houbo reloxos, tripulación de submarinos, radio-casetes, robots, bombillas e mesmo algún que outro científico tolo!
Desfilamos todos xuntos polo patio do cole para lucir os nosos talentosos disfraces. E despois a modo de comparsa fixemos un pasacalles ata o mercado. A mestra de música se encargou de poñer o ritmo ao son da batucada!

 

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: