Iniciar sesión: Acceso

Procedemento Admisión Alumnado 2020-2021

Segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos ponse en coñecemento das familias a seguinte información:

  • Postos escolares ofertados para o curso 20/21 (Ver anexo)
  • O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 23 de marzo.
  • Listaxe provisional de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 É moi importante ter en conta:

  1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. O alumnado que ten garantía de permanencia no centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no noso centro.
  3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva de praza antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

Prazas Vacantes Curso 20-21

Educación Infantil
4º Educación Infantil 8 (3 reservadas para alumnado con NEAE)
5º Educación Infantil 3
6º Educación Infantil             
4
Educación Primaria
1º Educación Primaria 6 (3 reservadas para alumnado con NEAE)
2º Educación Primaria 10
3º Educación Primaria 14
4º Educación Primaria 12
5º Educación Primaria 16
6º Educación Primaria 15

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: