Este Nadal quixemos facer algo diferente, coas persoas que máis o precisan.
Neses días, recibir as mensaxes dos máis cativos do centro e as súas creacións en forma de postais con mensaxes foi o mellor agasallo para eles.
Tratouse dunha actividade complementaria baseada no aprendizaxe e servizo. A través dela iniciamos aos pequenos a sentir, transmitir e compartir experiencias inesquecibles.
Outro ano máis na distancia, aínda que en canto se poida será presencial.
Dende o noso centro tratamos a través de iniciativas coma esta, unir as aprendizaxes co compromiso social
Aprendemos facendo un servizo á comunidade.
Queremos que desta práctica solidaria saían outras iniciativas nesta liña.
DEBIDO Á SITUACIÓN CRÍTICA QUE ESTAMOS A VIVIR NO CONCELLO DE BARBADÁS, QUEDAN SUSPENDIDOS ATA NOVO AVISO OS OBRADOIROS.
DESCULPADE AS MOLESTIAS E GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
ESPERAMOS PODER CELEBRALOS PRONTO.
O vindeiro martes 30 de novembro de 17:00 a 18:30h, terá lugar no centro o OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS, organizados pola ANPA coa colaboración da Escola de Pais e Nais do Concello de Barbadás.
Dende hoxe ata o luns podedes anotarvos, para controlar o aforo, no correo electrónico do centro: ceip.oruxidoiro@edu.xunta.gal(no correo tedes que por o nome e apelidos dos asistentes).
Desfrutando de novo da tradicional festa do Magosto con moita ilusión xa que o ano pasado non se pudo celebrar por mor da pandemia, eso sí mantendo as medidas sanitarias aínda vixentes no centro. Separados por grupos, ao aire libre e quitando a máscara só para comer.
Este ano cunha novidade xa que o noso conserxe Fran fixo unha máquina de tren con cartón onde o alumnado de 6º de primaria colaborou pintándoa.
Este curso dende os equipos de Biblioteca, Extraescolares e Dinamización da lingua galega organizouse o Samaín onde o alumnado do centro, xunto coas familias, participaron na elaboración de “Máscaras Terroríficas”, feitas con materiais reciclados; dende unha máscara monstruosa impresa en 3D de plástico reciclado, ata un xabarín de pasta de papel de periódico ou outras técnicas tan diversas coma novidosas.
Neste día os pequenos e pequenas bailaron coma mortos vivintes e ata escaparon dunha meiga zombie que por alí apareceu. Tamén houbo unha función de mortos respresentada polo alumnado de 4º de primaria e concurso de “Contos Terroríficos” na biblioteca.
Ambiente festivo pero con SENTIDIÑO.
O seu navegador non soporta a etiqueta HTML5 vídeo.