Skip to Content

Complementarias

Día Internacional contra a violencia de xénero 2019

Samaín 2019

Letras galegas 2019- 2ªparte

Letras Galegas 2019- 3ª parte

Cadea escolar contra a violencia de xénero 2018

Día da Terra: coidamos da nosa casa

SEMANA DO LIBRO

 

Para celebrar o Día do libro, comezamos cos apadriñamentos lectores nunha xornada de convivencia e lecturas. Os pequechos gozaron da lectura cos seus padriños e madriñas. Ademais, o alumnado de 2º observou ao de 6º para aprender esta labor tan importante pois o vindeiro curso xa serán padriños e madriñas dos máis peques do cole. Como fixo mal día e choveu, quedamos dentro do colexio coupando todos os espazos. 

 Ao longo de toda a semana degustamos bombón literarios con mensaxes sorpresa: pequenos extractos de libros de diferentes autores e autoras. Os bombóns estaban riquísimos e os textos... tamén!

 

Para rematar a semana o alumnado de infantil, 2º e 3º asistiron a unha sesión de contacontos en lingua de signos. A eiruga glotona ou A que sabe a lúa? foron os contos escollidos para iniciarnos nesta linguaxe tan fermosa. Aprendemos moitas cousas, ata sabemos aplaudir coas mans. Mirade no vídeo que ben o facemos!

Samaín 2018

O equipo de dinamización da Lingua Galega xunto co equipo de actividades complementarias e extraescolares organizaron un Samaín terrorífico: contacontos terróríficos, exposición mosntruosa e cancións de medo. Ademais, o equipo de biblioteca decorou a biblioteca con personaxes de medo, libros e contos sobre a temática do Samaín. Pasámolo de medo!

Patios Coeducativos

No recreo temos xogos moi diversos: cordas, aros, chapas, pelotas... Movémonos moito e practicamos os xogos novos que aprendemos na clase de Educación Física. Queredes aportar as vosas ideas? Queremos xogos novos. Cantos máis mellor!

Halloween/Samaín 2017

CASAS ENCANTADAS (HAUNTED HOUSES)

Organizado polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. Con motivo da festa de Halloween/Samaín, o equipo de extraescolares, propúxolles os alumnos e as súas familias a elaboración de casas terroríficas con materiais de refugallo. Cabe destacar e agradecer a alta participación (máis de 250 casas) e o traballo e tempo dedicado polos alumnos e as familias.

 

1A

 

 

 

 

 

 

 

  

 

  

  

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut