CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro
Xa temos aos gañador@s do concurso de marcapáxinas!
Tivémolo moi difícil pola calidade dos marcapáxinas presentados. GRAZAS a todos e todas por participar!
e GRAZAS tamén ás gañadoras: Emma, Álvaro, Mara, Laura, Clarisa, Eva e Patricia
Un anticipo do noso DÍA DO LIBRO
Este ano facemos os nosos apadriñamentos lectores entre maiores e pequenos dunha maneira diferente pero co mesmo esforzo e maior ilusión.
PASAMOS O DÍA DO NENO NO NOSO HORTO:
As nosas recomendacións para ler moito nestes días!
Boas lecturas!
A nosa especial homenaxe a Rosalía de Castro polo 21 de marzo.
Feliz día da POESÍA!
Para ver as fotos do entroido no colexio, premede na cantiga que nos deixou o alumnado de 4ºA sobre o entroido
E para que "Non pare a festa" como din Os amigos dos músicos, deixamos as actividades de entroido no cole. Viva o entroido!
Seguimos os mandados do Meco do cole. Mirade que pintas!
Se queredes ver todas as fotos premede na imaxe
Esta semana, con motivo da celebración do Día da ciencia da muller e da nena que é o 11 de febreiro, tivemos a visita virtual de dúas científicas.
Se queredes ver as fotos das conexións premede nunha das imaxes.
Coñecedes o efecto Matilda?
Se queredes averigualo, estade atentos á web e ao blog da biblioteca o 11 de febreiro!